Free English Exercises
Abril 15, 2008 — Alberto ArmadaAgradézolle a Trini, profesora de Inglés, que me achegase este recurso. Déixovos este enlace a unha excelente páxina de actividades para aprender inglés.
Oxalá cunda o exemplo e máis profesoras e profesores do CPI acheguen recursos que consideran interesantes para que poida publicalos e incrementar a oferta de aplicacións educativas para seguirmos a incorporar nas nosas clases o ensino con TIC.
Inda que o desexable sería que cada profesora/profesor recompile e organice os seus propios recursos no wiki ou nun blog propio, de momento estes exemplos poden servir de guía para adentrarse no mundo das TIC e irlle tirando partido ás posiblidades educativas que neste século a rede pon á nosa disposición.
Abonda con deixarme un comentario en calquera entrada do blog.
Por suposto, agradezo esas achegas de recursos de calquera persoa que visite este blog que, naturalmente, é para a educación de todas e de todos.
Compréndese facilmente que non podo valorar todos os recursos que publico dende a perspectiva e sentido crítico que lles corresponde ós especialistas en cada materia. Así que, botando unha man, entre todas e todos podemos, colaborativamente, mellorar o ensino día a día.

























Abril 16, 2008 at 2:40 pm
Son a coordinadora tic do centro Andaina (A Coruña). Noraboa pola páxina, que visitamos con moita asiduidade. Deixámosvos un recurso propio para o traballo do cambio climático, por se pode ser de utilidade. Está pensado para traballar con infantil, primaria e eso e ten propostas de actividade para as 3 etapas.
http://www.cambioclimatico.andaina.com/
Saúdos
Abril 16, 2008 at 6:15 pm
Moitas grazas polo recurso e parabéns por telo feito e polas vosas actividades coas TIC. Tedes unha web moi valiosa. Saúdos.
Maio 8, 2008 at 12:11 pm
[...] En Agendaweb encontraremos una recopilación de cientos de juegos y actividades, un gran número de ellos para aprender y practicar verbos en inglés, todos clasificados por los contenidos que se trabajan y su nivel de dificultad (recurso aportado por Alberto Armada en ticblog). [...]