Atopa as diferenzas

Non é unha desas aplicacións para fixar a atención, pero cómpre prestarlle algunha. Isto é un resume do que levo “aprendido” nas miñas sesións na rede “Internet en el Aula“. Alí traballei, e sigo a traballar, con profesoras e profesores de toda España, reflexionando sobre a utilización das TIC no ensino. E de aí obtiven non poucas referencias relacionadas coa situación na que nos atopamos a nivel TIC en Galicia. Velaquí unha pequena escolma de conclusións comparativas:

Situación das TIC nas distintas CCAA

Centros TIC

Galicia: 20

País Vasco: 120

Primeiros centros TIC

Galicia: fai dous anos.

Asturias: 8 anos.

Nomeamento das coordinadoras e dos coordinadores TIC

Galicia: indeterminado, “poderanse nomear”.

Andalucía: na maioría dos centros.

Horario das coordinadoras e dos coordinadores TIC

Galicia: indeterminado, practicamente inexistente.

País Vasco: 12-13 horas semanais.

Soporte e mantemento de equipamentos informáticos

Galicia: Dependemos da Unidade de Atención a Centros, ou sexa, indeterminado.

Estremadura: administradora/administrador de rede a tempo completo en cada centro.

Formación de coordinadoras/es TIC e profesorado

Galicia: escasísima.

Andalucía: moita formación TIC para o profesorado en xeral.

Portais educativos

Galicia: poucos recursos propios, enlaces ós portais doutras comunidades autónomas, non hai coordinación do traballo do profesorado.

Aragón: apoio practicamente ilimitado a todo o profesorado, directorios de blogs, wikis, recursos propios…

Dotación de medios TIC nos centros

Galicia: moi escasa, baseada en aulas de informática (unha sesión semanal de promedio por cada grupo), practicamente sen aulas TIC.

Aragón: un ordenador para cada alumna/o de 3º Ciclo de Primaria.

Medios a disposición do profesorado

Galicia: ningún.

Castela-A Mancha: a partir de setembro un portátil para cada profesora/profesor.

Naturalmente, non teño datos para facer un estudo de detalle, nin referencias de todas as comunidades autónomas. Pero tampouco necesito saber máis. Do que estou seguro é de que a nosa administración educativa dispón de coñecementos dabondo sobre a situación na que nos atopamos.

Deixa un comentario