A Xunta confórmase cun ordenador por cada 5,4 alumnas/os

Nesta noticia evidénciase unha vez máis que a Consellería de Educación non quere ou non sabe situar ao ensino galego no nivel doutras comunidades como Estremadura ou Andalucía. Ademais, queda claro que non cumpren a promesa electoral de dotar ás aulas cun ordenador por cada 2 alumnas/os. Será, pois, un novo retraso para a educación galega. E xa é moito retraso.

Publicado en Educación, Noticias, TIC. Etiquetas: . 2 Comentarios »

2 Respostas to “A Xunta confórmase cun ordenador por cada 5,4 alumnas/os”

  1. César Salgado Says:

    Falan da cuestión “computadoras na aula versus aula de computadoras” nesta páxina colombiana:

    http://www.eduteka.org/TemaRecursos1.php

  2. Alberto Armada Says:

    Efectivamente, César. Xa hai tempo que me decatei de que non fai falla ir a Finlandia para observar boas reflexións sobre a nova educación apoiada na TIC e integradora das TIC. En Colombia, México, etc. están a promover a incorporación das TIC ao ensino con moito interese. O que pasa é que Galicia ten unha das administracións educativas máis proclives ao tradicionalismo e á falta de innovación. E sempre me pregunto se é que non se enteran ou miran para outro lado. Tamén pode haber unha autocomplacencia incomprensible. O futuro, por desgraza, vainos dar a razón aos que reclamamos medios e formación para incorporarmos as TIC nas aulas galegas sen máis demora.


Deixa un comentario