Polo recoñecemento oficial das publicacións na rede

Moitas e moitos docentes, cada día máis, ocupamos un sinfín de horas en publicar na rede os nosos espazos educativos para beneficio de toda a comunidade. Este traballo, lonxe de obter recoñecemento por parte das administracións educativas, mesmo resulta ser totalmente desperdiciado polas administracións dalgunhas comunidades (Galicia, por exemplo). Todo o contrario ocorre en Aragón onde os blogues e publicacións na rede do profesorado insírense nun portal educativo para estímulo e beneficio de todos. E todo o profesorado que traballa na rede sabe do escasísimo custe que supón para a administración o mantemento dun portal deste tipo. A Consellería de Educación xa ten un portal educativo. Pódese comparar ollando o apartado de recursos ou o de recursos educativos. Tamén convén mergullarse no apartado de materiais para a aula ou os recursos educativos en liña onde atoparemos algúns dos que están neste blog dende fai moito máis tempo que no portal de Siega e que son doutras comunidades autónomas. ¿Desinterese administrativo? ¿Falta de persoal dedicado a recoller os excelentes recursos do profesorado galego (un exemplo)? Dende logo non poden dicir que non hai suxestións. Eu fixen un par delas hai meses e nin sequera me contestaron. ¿Alguén quere probar? Na rede social “Internet en el aula” proponse unha mobilización do profesorado para reclamar recoñecemento polo seu traballo e dedicación.

Escribe un comentario