Fin de curso

—– Mensaxe orixinal —– De:  Consellería de Educación e Ordenación Universitaria <conselleria@edu.xunta.es> Data: Venres, Xuño 20, 2008 11:46 am Asunto: Remate curso 2007_2008 > Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2008 > > Un ano máis, ás portas das vacacións do verán, a Consellería de > Educación e Ordenación Universitaria agradece o esforzo e > entusiasmo de toda a comunidade educativa durante o curso que agora > remata. > Este agradecemento diríxese, dunha maneira especial, ao > profesorado. A sociedade en xeral, e esta Consellería en > particular, ten posta a súa confianza nel, na seguridade de que o > seu traballo profesional está sendo decisivo para alcanzar os > obxectivos marcados pola LOE e mellorar, en consecuencia, a > calidade da educación.

A miña resposta:

Somos moitas e moitos as profesoras e os profesores que estamos a agardar un pulo importante da Consellería para incorporarmos as TIC no ensino en Galicia. Necesitamos máis medios e formación, ordenadores nas aulas e coordinadoras e coordinadores TIC en todos os centros con horario suficiente para levar a bo término esta incorporación, equiparándonos a outras Comunidades Autónomas que van moi por diante do noso escaso progreso. Agradezo que se recoñeza a profesionalidade e o esforzo, pero de pouco vai servir isto se non contamos cun plan de incorporación das TIC comprometido e con suficiente apoio da Consellería. O meu blogue de aula http://tic56.wordpress.com, o blogue de coordinación das TIC http://ticblog.wordpress.com, a web dinámica http://centros.edu.xunta.es/cuntiscpi/, o wiki do profesorado http://donaurelio.wikispaces.com/, e un número considerable de blogues do profesorado e alumnado do CPI Don Aurelio de Cuntis, xurdidos todos ao longo deste curso teñen moi difícil a súa aplicación e aproveitamento nas aulas por non contarmos con ordenadores nelas que nos posibiliten a aplicación das TIC, o cal está a redundar nun desencanto da comunidade educativa que ve nestes esforzos unha moi insuficiente correspondencia coa súa necesaria aplicabilidade. Estes obxectivos están contemplados na LOE e son unha parte fundamental da calidade da educación. Agardo que o curso que vén non volva ser un novo curso de retraso na incorporación das TIC ao ensino en Galicia.

José Alberto Armada Rodríguez

Escrito en Coordinador TIC, Educación. Etiquetas: .

Escribe un comentario