Aprendizaxes con TIC

Recomendo moi especialmente o estudo deste material á Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Son consciente de que non haberá unha educación de calidade en Galicia mentres non sexa dirixida dende a administración. Isto non implica que automaticamente o sistema educativo mellore da noite para a mañá, pero xa dende a dirección e coordinación da administración educativa, implementando medios e formación, poderase establecer un nivel de esixencia para que o profesorado dea unha resposta axeitada implicándose na consecución da educación de calidade que merece a nosa sociedade.

Se isto segue sen espertar o interese da Consellería de Educación, moito me temo que o profesorado actualmente interesado nesa mellora educativa seguirá a recibir a mensaxe de que non hai nada que facer…

Deixa un comentario