Xa non utilizo este blog para a coordinación da incorporación das TIC nas aulas do meu centro, porque non se dan as condicións mínimas para incorporar nada. Faltan medios informáticos e formación do profesorado. Mentres a Consellería de Educación non aposte por un ensino de calidade non hai practicamente nada que facer. Os esforzos semellan inútiles, o profesorado do meu centro non utiliza este blog e polo tanto resulta ridículo intentar coordinar dende aquí.
Agora publico a título persoal, para seguir a aprender eu mesmo e compartir os coñecementos con todo o mundo, fóra das frustrantes tentativas do curso pasado.
Tamén é posible que a miña “emigración virtual” me leve a coincidir coa comunidade educativa nos ámbitos onde se desenvolve unha máis realista e comprometida forma de ensinar a través de novos modelos que integran as TIC na docencia. Isto implicará a utilización do español como lingua de comunicación principal con todas as persoas que seguen este blog dende España e América.
Se no futuro a Consellería de Educación opta por apoiar un ensino de calidade, se hai algo que facer que mereza un esforzo para acadar algún obxectivo importante, quizais considere chegado o momento do retorno.
Ata daquela…



































































































































Setembro 13, 2008 en 4:10 am
[...] Non durou demasiado a emigración virtual. [...]