Máis do mesmo (Más de lo mismo)

A min paréceme que a esta Galicia que vai para atrás educativamente falando, e socialmente como consecuencia delo, ninguén lle está a poñer atrancos para dificultar o seu progreso. Máis ben é a sociedade galega mesma, coa súa clase política levando o temón, quen non dá mostras de querer progresar. E non se me ocorre ningunha outra razón para que esta comunidade non aposte pola incorporación das TIC ao ensino como están a facer practicamente todas as demais dentro do estado español.

Seguirei a ser coordinador TIC cos mesmos 90 minutos semanais do curso pasado. Con isto xa o digo todo: máis do mesmo e nada que facer… Continuarei coa miña autoformación e terei como obxectivo manter a web dinámica, que de dinámica non ten nada porque o único que a manexa son eu mesmo, e publicarei neste blog para esoutro mundo educativo que conta con recursos.

Nas miñas clases, ao non ter os ordenadores que necesito, tampouco poderei incorporar as TIC dun xeito serio e efectivo, aínda que seguirei a investigar e aprender para unha posible oportunidade no futuro.

Este curso vén de comezar e xa está perdido…

A mí me parece que a esta Galicia que va para atrás educativamente hablando, y socialmente como consecuencia de ello, nadie le está poniendo impedimentos para dificultar su progreso. Más bien es la sociedad gallega misma, con su clase política llevando el timón, quien no da muestras de querer progresar. Y no se me ocurre ninguna otra razón para que esta comunidad no apueste por la incorporación de las TIC a la enseñanza como están haciendo prácticamente todas las demás dentro del estado español.

Seguiré siendo coordinador TIC con los mismos 90 minutos semanales del curso pasado. Con esto ya lo digo todo: más de lo mismo y nada que hacer… Continuaré con mi autoformación y tendré como objetivo mantener la web dinámica, que de dinámica no tiene nada porque el único que la maneja soy yo mismo,  y  publicaré en este blog para ese otro mundo educativo que cuenta con recursos.

En mis clases, al no tener los ordenadores que necesito, tampoco podré incorporar las TIC de una  forma  seria y efectiva, aunque seguiré investigando y aprendiendo para una posible oportunidad en el futuro.

Este curso acaba de comenzar y ya está perdido…

4 Respostas to “Máis do mesmo (Más de lo mismo)”

  1. Jose Says:

    Ao ler este post, que semella tan desanimado, non poido pasar de deixar un comentario. Alberto, levo lendo de cando en vez algún dos teus blogs e demais, é paréceme que fas unha labor moi meritoria ainda que penso que solitaria. Ogalla non te acaben por fartar. Que non te despisten dos teus obxectivos e plans de profundizar na educación do S XXI, animo e sorte na percura dos obxectivos que te propoñas. Sen dúbida o que fas nas TIC da idea do que en Galicia se fai, probablemente en maior medida do que fai a propia administración ou os centros.Só iso, ánimo.

  2. Alberto Armada Says:

    Grazas, Jose.
    Non sei se fartarei de tanto desleixo. Agardo que non, pero é unha mágoa para min e para o alumnado e profesorado do meu centro non podermos acceder a unha educación de maior calidade por non dispoñermos de tempo nin medios…

  3. Coordinación TIC « Recursos educativos Says:

    [...] Armada Además de no coordinar las TIC desde este blog por los motivos expuestos, creo que con estas condiciones lo mejor que puedo hacer es renunciar a ser coordinador TIC en mi centro. De esta forma no [...]

  4. Víctor Says:

    Animo, Alberto….que no nos venzan los tecnócratas ni los polícos cortoplacistas de España, Chile y el mundo.


Deixa un comentario