Además de no coordinar las TIC desde este blog por los motivos expuestos, creo que con estas condiciones lo mejor que puedo hacer es renunciar a ser coordinador TIC en mi centro. De esta forma no defraudaré las expectativas de parte del profesorado que requiere una atención en este ámbito imposible de atender con semejante dedicación horaria, y además podré dejar en un segundo plano la frustrante constatación de la falta de apoyo de la Consellería de Educación en el tema de las TIC.
En resumen, si no puedo conseguir una liberación horaria acorde con los requerimientos de un cargo de esas características al menos trataré de conseguir una liberación mental y podré dedicarme a la docencia y a mi tutoría como hasta hace dos años. Eso supondrá una saludable forma de desempeñar mi profesión sin interferencias ni frustraciones propias y ajenas y ello redundará positivamente en el desempeño de mis funciones clásicas.
Ademais de non coordinar as TIC dende este blog polos motivos expostos, creo que con estas condicións o mellor que podo facer é renunciar a ser coordinador TIC no meu centro. Deste xeito non defraudarei as expectativas de parte do profesorado que require unha atención neste ámbito imposible de atender con semellante dedicación horaria, e ademais poderei deixar nun segundo plano a frustrante constatación da falta de apoio da Consellería de Educación no tema das TIC.
En resume, se non podo conseguir unha liberación horaria acorde cos requirimentos dun cargo desas características alomenos tratarei de conseguir unha liberación mental e poderei dedicarme á docencia e á miña tutoría como ata fai dous anos. Iso suporá unha saudable forma de desempeñar a miña profesión sen interferencias nin frustracións propias e alleas e redundará positivamente no desempeño das miñas funcións clásicas.




































































































































Setembro 6, 2008 en 9:50 pm
Entendo o teu queime. Nada, só quería darche ánimos, e a ver se esta renuncia chega a administración e se dan de conta de cal é a situación real, diferente á que contan cada dous por tres os políticos e políticas deste país.
De tódolos xeitos, seguirás actualizando o blogue?
Setembro 6, 2008 en 10:02 pm
Grazas polo comentario e os ánimos, María.
Xa sabemos que estas renuncias non chegan a ningures. De todos xeitos aínda agardo ata o mércores para que me dean unha resposta. Se cadra non podo renunciar, como ocorreu o curso pasado e teño que continuar coas mesmas TIC ficticias, aquelas que logo a política aproveita para dar unha falsa idea da situación educativa do noso país.
O blogue, que actualmente xa non ten nada que ver coa coordinación no meu centro, continuará adiante…
Saúdos.
Setembro 8, 2008 en 3:29 pm
Ola, Alberto!
Pois xa veremos o mércores. A organización do centro debería ir a mellor no próximo curso, sobre todo en Secundaria, onde ao haber un só grupo de 4º se líberan 15 horas. Mais non só depende diso senón da falta de implicación do profesorado, amén da falta de recursos, como se puido comprobar nunha área como as TIC que ti tan ben levaches. Polo menos, algúns compañeiros aproveitamos o teu labor.