O claustro de profesores do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis, interesado en incorporar as TIC ao ensino, solicita da Consellería de Educación un mínimo equipamento informático que o faga posible:
En cada aula do centro: un encerado dixital interactivo e cinco ordenadores portátiles con conexión wifi.
Na sala de profesores: cinco ordenadores de sobremesa.
Extensión da cobertura wifi a todas as aulas do centro.
Mellora da calidade da conexión a internet.
Este interese pola incorporación das TIC por parte deste claustro obsérvase na actualidade dun xeito máis salientable nalgúns espazos web creados polo alumnado e profesorado deste centro:
O blogue de Recursos TIC no 3º Ciclo de Primaria
A rede Ning do grupo de Dinamización TIC (en modo privado)
A salientar, tamén, que o blogue do coordinador TIC e o blogue de Recursos TIC no 3º Ciclo de Primaria obtiveron o recoñecemento como contribución máis valorada e máis vista no Congreso Nacional Internet en el Aula, así como a consideración no terceiro posto dentro do “Top 10” elaborado e publicado pola organización do Congreso Nacional entre as 806 contribucións rexistradas.




































































































































Novembro 29, 2008 en 3:38 pm
Perdón pola insistencia, pero aínda que sexa un curruncho esquecido téñolle moito cariño: falta o blogue do Museo.
Novembro 29, 2008 en 5:09 pm
Nada de esquencido. Son as présas e o facer demasiado en pouco tempo.
Tamén para min é un blogue moi querido.
Agora o reparo.