Via Scoop.it – De interés educativo
Seguro que muchos se habrán preguntado sobre la viabilidad de crear y mantener su propio blog en una red cada vez dominada por las grandes redes sociales.
Via Scoop.it – De interés educativo
Seguro que muchos se habrán preguntado sobre la viabilidad de crear y mantener su propio blog en una red cada vez dominada por las grandes redes sociales.
Via Scoop.it – De interés educativo
Más info:…
Via www.educacontic.es
Este é un dos blogs de Mario Aller, navegante en Internet, viaxeiro nos contos, mestre en primaria…
O seu traballo na blogosfera é incesante. O seu tempo está ao servizo da educación.
Recomendo a súa visita e seguemento.
Moitas grazas, Mario.
(Engadido no blogroll galego de ticblog e tic56)
Da man do noso compañeiro Heladio chéganos este novo blogue baixo o título “A Historia é noticia“.
Moito que ler e aprender, pois, para amantes da noticia e da Historia. Que non somos pouc@s…
O alumnado de Heladio terá algo máis de traballo lendo tanto como publique, pero tamén saben que estudar a Historia dende o blogue do seu profesor significa un punto e á parte que supón unha liña de ruptura coa tradicionalidade do ensino a través unicamente dos libros de texto.
Parabéns a Heladio, ao seu alumnado e a todo o centro por esta nova dimensión na nosa particular historia.
Coma se fosen árbores enraizando no ensino, as TIC están a dar os seus froitos no CPI de Cuntis.
Ademais dos avances do profesorado na súa formación e a utilización das TIC cada vez maior por parte do alumnado, adoitamos percibir a incorporación das TIC a través dos espazos abertos na web.
Hai pouco máis dun ano naceu este blogue de coordinación e xa son doce os blogues xestionados dende aquela por profesorado e alumnado do centro. Contamos ademais co wiki, a web dinámica e o imprescindible recurso colaborativo da rede Ning.
Neste curso xurdiron cinco, o último dos cales corresponde á profesora Emilia Monteagudo, exemplo para moitas e moitos de interese e mesmo entusiasmo polas TIC na procura do novo enfoque educativo que poden propiciar. Trátase dun blogue de recursos para a súa aula de cuarto de primaria.
No noso centro, a pesares das dificultades, seguen a aparecer novas iniciativas TIC.
Desta volta, trátase dun blogue para primero curso de Primaria realizado pola nosa compañeira Julia.
Como digo sempre, e máis tendo en conta as datas nas que andamos, que cunda o exemplo e que 2009 sexa fructífero en blogues e demais.
Polo que son quen de observar existe unha web dedicada aos centros educativos galegos que teñen a consideración de Centros TIC.
Entre eses centros, moi poucos para o alarmante atraso que sofre a educación en Galicia no que se refire ás TIC e todo o que conlevan para o futuro do alumnado e do profesorado, non está o CPI de Cuntis no que exerzo como coordinador TIC sen horario suficiente (dúas sesións semanais de 50 minutos), nin apoio e moito menos recoñecemento ningún por parte da administración educativa galega en relación co traballo e o esforzo que estou a realizar nos últimos 15 meses.
Envieilles os enderezos deste blogue de coordinación e do que utilizo para as miñas clases no 3º Ciclo de Primaria.
Hoxe sae publicada na referida web o meu blogue de Recursos TIC no 3º Ciclo de Primaria.
Pois xa eran horas de que, aínda sen horarios nin apoios, se estean a espallar as publicacións de quen temos algo que ofrecer para contribuír a mellorar o ensino en Galicia.
O meu agradecemento á persoa responsable da administración da web.
O claustro de profesores do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis, interesado en incorporar as TIC ao ensino, solicita da Consellería de Educación un mínimo equipamento informático que o faga posible:
En cada aula do centro: un encerado dixital interactivo e cinco ordenadores portátiles con conexión wifi.
Na sala de profesores: cinco ordenadores de sobremesa.
Extensión da cobertura wifi a todas as aulas do centro.
Mellora da calidade da conexión a internet.
Este interese pola incorporación das TIC por parte deste claustro obsérvase na actualidade dun xeito máis salientable nalgúns espazos web creados polo alumnado e profesorado deste centro:
O blogue de Recursos TIC no 3º Ciclo de Primaria
A rede Ning do grupo de Dinamización TIC (en modo privado)
A salientar, tamén, que o blogue do coordinador TIC e o blogue de Recursos TIC no 3º Ciclo de Primaria obtiveron o recoñecemento como contribución máis valorada e máis vista no Congreso Nacional Internet en el Aula, así como a consideración no terceiro posto dentro do “Top 10” elaborado e publicado pola organización do Congreso Nacional entre as 806 contribucións rexistradas.