Con este manual podedes obter unha axuda para aprender a confeccionar e xestionar un blog en WordPress.com.
Descargar manual_wordpress.pdf

Con este manual podedes obter unha axuda para aprender a confeccionar e xestionar un blog en WordPress.com.

Xa teño na miña barra de feeds o novo blog de Román “Caderno de Lingua“, que comeza cunha referencia ó noso proxecto lector. É unha excelente oportunidade que nos brinda para enriquecernos culturalmente no noso idioma e potencialo na web. Un blog é basicamente un caderno e probablemente unha das maiores utilidades dun caderno na rede é a promoción da nosa lingua. Mil primaveras.
Algúns/algunhas observariades que ó intentar acceder a algunhas páxinas deste blog (proxecto, departamento, etc.) se vos solicita un contrasinal. Isto é porque están protexidas para seren accesibles só polo profesorado do centro. O único que tedes que facer é preguntarme cál é o contrasinal e introducilo cando desexedes consultar esas páxinas.
Entregueille ó director o Proxecto de incorporación das TIC no noso centro.
A aula de informática de Infantil e Primaria está preparada, a falta de 4 auriculares e un rato (encargados).
Publicados os horarios da Aula Multimedia e da Aula de Informática.
Iniciada a cadea TIC: aula de informática e uso da zona clic.
Belén aprendeu o uso da Aula Multimedia con alumnos de 3º B.
Configurados os ordenadores das aulas de apoio de primaria e secundaria para traballar con jclic.
Confeccionado e publicado este blog sobre as TIC.
Este vídeo é moi interesante.
Envieilles un e-mail a 21 compañeiros/as dos que tiña o enderezo para anunciar este blog. Un obxectivo básico debe ser que todos/as teñan activada a conta de correo da Consellería.
Se alguén ten interese en bloguear, hai varias opcións gratuitas. Esta é a web 2.0, a que sucedeu á web pasiva e que permite actualmente que os internautas sexamos os protagonistas e intercambiemos información e coñecementos.
O propósito principal do proxecto de incorporación das TIC no noso centro é que todos/as aprendamos a utilizar a maior cantidade posible de recursos. Por iso pensei en facer unha cadea de transmisión, de xeito que cando lle poida ensinar a alguén o funcionamento ou a utilidade dalgún recurso, quen xa o teña aprendido llo ensine a outro/a e así sucesivamente. Isto penseino pola dificultade de transmitir estes coñecementos a todo o claustro a un tempo, xa que disto último non estamos moi sobrados, e porque ademais penso que o proceso de aprendizaxe será máis efectivo se vai de persoa a persoa, con tempo e practicando cos alumnos.
16/10/07 Dispuxemos tres portátiles na sala de profesores.