Internet na Aula

Co gallo da inminente celebración do primeiro congreso Internet na Aula, anunciado aquí, estreouse unha rede social en Ning co lema “Comunidades de educadores que comparten experiencia y recursos para el uso de Internet en el aula“. Eu xa son membro desa rede. Agardo que as experiencias compartidas nela sexan enormemente fructíferas para a comunidade educativa.

intaul.jpg

Congreso

conint.jpg
Publicado en Noticias, WEB 2.0. Etiquetas: . Deixa un comentario »

Congreso Internet na Aula

Do 1 de abril ó 15 de outubro de 2008 celebrarase un Congreso sobre a utilización de internet nas aulas, a nivel nacional, en dúas modalidades: online e presencial. A fase presencial durará tres días (26, 27 e 28 de xuño) e terá lugar en Madrid, Barcelona, Granada e Santander. A proposta parte do MEC e permitirá poñer de relevancia o que se está a facer en todo o territorio nacional. Quizais sirva de chamada de atención para as autoridades educativas galegas que supoño que xa sospeitan que no resto do estado os gobernos autonómicos están moi implicados no tema. Quizais nos permita engancharnos no último vagón do tren e poñer en marcha dende as nosas institucións proxectos que apoien as inquedanzas de moit@s profesores/as de Galicia e acadar que a educación co uso das TIC se estenda a todos os centros de ensino da nosa terra e non só permaneza reducida a uns cantos colexios escollidos e favorecidos, con recursos humanos e materiais dos que a maioría carecemos. Se a nosa educación non está ó nivel que debe estar, se existe unha brecha educativo-dixital co resto do estado, ¿acaso a solución é facermos outra brecha interna na nosa comunidade? O reto é enorme para nós. Anímovos a participar activamente, plantexando e reivindicando todo aquilo que consideredes que pode beneficiar ó alumnado galego. E xa sabedes que as TIC aplicadas á educación non son só os ordenadores (escasísimos en relación a Extremadura) ou a única pizarra dixital de que dispoñemos porque un día nola fixeron chegar sen máis (nin sequera a instalaron, nin nos indicaron para qué servía nin cómo funcionaba); as TIC tamén son aulas de idiomas, formación do profesorado (aínda estou inscrito nun curso de formación de coordinadores TIC que empezou o 7 de novembro e rematará dentro de tres días, ou sexa que estou esperando que me confirmen dende a Consellería se podo facelo ou non, e se cadra mo confirman cando quede un día para que remate), reflexión sobre o novo sistema educativo, mantemento dos medios tecnolóxicos, recursos humanos, recursos económicos, ratios axeitadas (¿quen se atreve a levar as TIC a un grupo de 25 alumn@s de infantil?), en un longuísimo etcétera. Son consciente de que a maioría do profesorado de Galicia mostra desinterese polas TIC aplicadas ó ensino porque carece de formación e información, de tempo para dedicarlles e de apoio institucional. ¿Saltaremos estas barreiras? De momento, reclamaremos ata que nos atendan. Dise que os maiores de trinta anos somos inmigrantes tecnolóxicos. ¿Dirase que @s galeg@s somos emigrantes informativos, que teremos que acudir fóra para atopar a información que aquí non se vai producir? ¿Outra vez emigrando? Polo de agora, cando atopo recursos educativos TIC para propoñer como forma de dinamizar, o 99% están en redes exteriores á da Xunta de Galicia. Ben, só queda participar nese congreso e pensar que o futuro pode ser outro.

Déixovos o congresoieaoct07_v05_webcongreso.pdf para que lle botedes unha ollada.

Publicado en Noticias, TIC. Etiquetas: , . Deixa un comentario »