Correo electrónico

Quero agradecer ó noso secretario o esforzo e o empeño que puxo en acadar que todo o profesorado rexistrase no centro unha conta de correo para que puidesemos contactar e comunicar con tod@s. Xa advertimos que era preferible ter unha conta edu.xunta.es porque algúns servidores (yahoo, hotmail, etc.) non funcionan co servidor de correo da Xunta de Galicia. Ben, pois acabo de enviar un correo a todo o profesorado do CPI co contido do post anterior e o resultado é que hai mensaxes que non chegaron ó/á destinatari@ por esa circunstancia. Tamén sabemos que despois de explicar o funcionamento do Xade para poñer as notas, parte do profesorado non pode facelo por non dispoñer da devandita conta de correo de edu.xunta.es, co cal resulta imposible que accedan á aplicación. Facer esta conta é bastante sinxelo e xa vedes que resulta fundamental. Queda dito unha vez máis e agardo que en breve todo o profesorado dispoña da súa conta de correo. E xa sabedes que podedes preguntar na secretaría, ó coordinador tic ou a calquera compañeir@ se tedes algunha dificultade.

 

correoxunta.jpg
Posted in Correo, Xade. Tags: , . 1 Comment »

Correo e wiki

Insisto na conveniencia de que todo o profesorado do CPI deixe rexistrada en secretaría unha conta de correo correopara facilitar as comunicacións.

Tamén podedes participar (@s que teñades unha conta rexistrada) no wiki “donaurelio“, wiki.jpgporque probablemente poidamos facer dese espazo un punto de encontro fundamental.

Coordinador TIC

  • Entregueille ó director o Proxecto de incorporación das TIC no noso centro.

  • A aula de informática de Infantil e Primaria está preparada, a falta de 4 auriculares e un rato (encargados).

  • Publicados os horarios da Aula Multimedia e da Aula de Informática.

  • Iniciada a cadea TIC: aula de informática e uso da zona clic.

  • Belén aprendeu o uso da Aula Multimedia con alumnos de 3º B.

  • Configurados os ordenadores das aulas de apoio de primaria e secundaria para traballar con jclic.

  • Confeccionado e publicado este blog sobre as TIC.

  • Este vídeo é moi interesante.

  • Envieilles un e-mail a 21 compañeiros/as dos que tiña o enderezo para anunciar este blog. Un obxectivo básico debe ser que todos/as teñan activada a conta de correo da Consellería.

  • Se alguén ten interese en bloguear, hai varias opcións gratuitas. Esta é a web 2.0, a que sucedeu á web pasiva e que permite actualmente que os internautas sexamos os protagonistas e intercambiemos información e coñecementos.

  • O propósito principal do proxecto de incorporación das TIC no noso centro é que todos/as aprendamos a utilizar a maior cantidade posible de recursos. Por iso pensei en facer unha cadea de transmisión, de xeito que cando lle poida ensinar a alguén o funcionamento ou a utilidade dalgún recurso, quen xa o teña aprendido llo ensine a outro/a e así sucesivamente. Isto penseino pola dificultade de transmitir estes coñecementos a todo o claustro a un tempo, xa que disto último non estamos moi sobrados, e porque ademais penso que o proceso de aprendizaxe será máis efectivo se vai de persoa a persoa, con tempo e practicando cos alumnos.

  • 16/10/07 Dispuxemos tres portátiles na sala de profesores.