Web Dinámica do CPI de Cuntis

Web dinámica do CPI de Cuntis

from about:blank posted with vodpod

Posted in WEB 2.0, XERAL. Tags: , , . 2 Comments »

PDI de baixo custe no CPI de Cuntis

Xa temos a primeira Pizarra Dixital Interactiva de baixo custe no CPI de Cuntis. O mando da wii estaba difícil de atopar, pero tiven sorte e conseguín un. O punteiro fíxeno cun bolígrafo-lanterna mercado nun comercio dos chineses, substituíndo a lámpada por un led de infravermellos. Xa sabedes que os titoriais para todo isto están na páxina de Choulo e na do CEIP de Palmeira. Finalmente, terei que perfeccionar un pouco o punteiro para podelo usar con soltura, pero xa funciona. Como o portátil que utilizo xa ten bluetooth, en total houbo que investir 40 €. Todo grazas a Johnny Chung Lee.

Proxectos TIC no noso CPI

Son moitos os proxectos tic aplicados ó ensino que se están a desenvolver no noso CPI por parte de alumn@s e profesores/as. Seguramente algúns/algunhas de vós coñecedes todos ou a maioría deles, pero aínda resultan descoñecidos para a maioría. Por iso quero informarvos do que temos publicado a día de hoxe para que poidades visitar os distintos blogs e tamén o wiki do colexio. No caso dos blogs, recórdovos que son interactivos no sentido de que podedes facer comentarios nos mesmos, o cal é moi de agradecer por parte de quen os xestionan. No caso do wiki, calquera d@s profesores/as pode engadir contidos (practicamente ninguén o está a facer). Supoño que o tempo de que dispoñedes para enredar con estas cousas da web 2.0 producidas por parte da nosa comunidade escolar require un pequeno esforzo, pero non facelo significa cando menos un desinterese pouco comprensible. É coma se cando se reparte a revista escolar só uns cantos se dignasen a botarlle unha ollada. Os recursos educativos publicados nos distintos espazos creados están concibidos para aplicármolos ó noso alumnado, sexa nos ordenadores das aulas de informática ou na pizarra dixital. De que fagamos uso deles dependerá que as aprendizaxes progresen pola senda que hoxe en día se considera a máis axeitada para unha educación de calidade. Podemos continuar coas clases tradicionais e incluso sentirnos satisfeitos con elas, pero podo asegurarvos que xa non teñen o valor educativo de que gozaron ata hai pouco, non só porque coas novas tecnoloxías se aprende máis e mellor, senón porque habituar ó noso alumnado a estas novas formas de aprender e interactuar poderá preparalo para o futuro que lles agarda nunha sociedade da información na que ineludiblemente terán que desenvolverse. Un pequeno, ou non tan pequeno, esforzo por parte dos educadores é xa imprescindible. E sabemos que non nolo poñen fácil as nosas autoridades educativas, porque temos un horario lectivo moi cargado, moitos proxectos para desenvolver, demasiadas reunións de todo tipo, poucos recursos, etc. Agora cómpre elixir: un esforzo extra e non recoñecido ou unha xeración sen recursos nunha sociedade esixente na que quen dispoña da capacidade de obter información terá garantido o éxito. Como dinamizador das TIC síntome responsable de que lle deamos este novo enfoque á educación e ademais teño o convencemento de que é o único camiño.

 

Estes son os nosos espazos na rede:
Páxina web do CPI
Blog “Na lingua de tod@s”
Blog das TIC
Blog de 4º de ESO
Blog “Caladiños”
Blog de Educación Vial

Caderno de Lingua
Blog da tutoría 5º B
Wiki “Donaurelio”
Wiki da tutoría 5º B

Ó carón da lúa

Este é o título do blog da Biblioteca do CPI de Xanceda. Paréceme interesante botarlle unha ollada porque ten contidos de interese non só no que se refire ás bibliotecas e ó proxecto lector, senón que abrangue tamén outros aspectos e temas moi aproveitables. Podedes entrar a través deste enlace. Saúdos dende ticblog.