A día de hoxe, a nova normativa da lingua galega non está a ser asimilada polo profesorado. Mesmo son frecuentes as discusións e comentarios sobre a súa correcta utilización. ¿Un reforzo?
Un sintetizador fará posible falarlles en galego ós PC
12.12.2007 O sistema permitirá converter texto en voz e á inversa, e en múltiples plataformas.
EN REDE . SANTIAGO
A compañía Tecnocom traballa no desenvolvemento dun recoñecedor e sintetizador de voz en galego, unha tecnoloxía para realizar consultas coa fala, escoitar correos electrónicos mediante dispositivos móbiles ou facer ditados empregando procesadores de textos en lingua galega.