E moitos máis

Cursos de informática, idiomas, empresa e calidade de vida en mailxmail. Son gratuitos, unha iniciativa de “Open E-learning” e contan co aval da UNED.

Curso de informática

En este enlace podéis encontrar un curso online de informática ofrecido por la “Agencia del Conocimiento y la Tecnología” de La Rioja.

Publicado en Cursos. Etiquetas: , . Deixa un comentario »

Coordinador TIC

  • Entregueille ó director o Proxecto de incorporación das TIC no noso centro.

  • A aula de informática de Infantil e Primaria está preparada, a falta de 4 auriculares e un rato (encargados).

  • Publicados os horarios da Aula Multimedia e da Aula de Informática.

  • Iniciada a cadea TIC: aula de informática e uso da zona clic.

  • Belén aprendeu o uso da Aula Multimedia con alumnos de 3º B.

  • Configurados os ordenadores das aulas de apoio de primaria e secundaria para traballar con jclic.

  • Confeccionado e publicado este blog sobre as TIC.

  • Este vídeo é moi interesante.

  • Envieilles un e-mail a 21 compañeiros/as dos que tiña o enderezo para anunciar este blog. Un obxectivo básico debe ser que todos/as teñan activada a conta de correo da Consellería.

  • Se alguén ten interese en bloguear, hai varias opcións gratuitas. Esta é a web 2.0, a que sucedeu á web pasiva e que permite actualmente que os internautas sexamos os protagonistas e intercambiemos información e coñecementos.

  • O propósito principal do proxecto de incorporación das TIC no noso centro é que todos/as aprendamos a utilizar a maior cantidade posible de recursos. Por iso pensei en facer unha cadea de transmisión, de xeito que cando lle poida ensinar a alguén o funcionamento ou a utilidade dalgún recurso, quen xa o teña aprendido llo ensine a outro/a e así sucesivamente. Isto penseino pola dificultade de transmitir estes coñecementos a todo o claustro a un tempo, xa que disto último non estamos moi sobrados, e porque ademais penso que o proceso de aprendizaxe será máis efectivo se vai de persoa a persoa, con tempo e practicando cos alumnos.

  • 16/10/07 Dispuxemos tres portátiles na sala de profesores.