Recursos para o fomento da lectura

planlectura.es

fomlec.jpg

Recursos educativos para mestres

Neste blog galego temos unha importantísima oferta de recursos educativos. Penso que son tantos, a través dos enlaces que nos ofrece, que dificilmente poderemos ollalos todos. Así que temos unha excelente oportunidade para empezar a procurar recursos para as nosas clases ou para ampliarmos o repertorio. Pola miña parte quero agradecer a Xosé Vidal a referencia a este blog de TIC. Está claro que o número de docentes que está a incorporar as TIC ás súas clases aumenta día a día. Sempre atoparemos excelentes apoios naqueles que levan máis tempo publicando as súas experiencias e coñecementos. ¿Queres sumarte á nova corrente educativa?

reedme.jpg

Pois logo…

Día das Letras Galegas 2.008

Recursos publicados por Román no wiki “donaurelio” para o Día das Letras Galegas 2.008.

recgalwiki.jpg

Cómo clasificar recursos

Nesta presentación explícase o procedemento para aproveitar os recursos deste blog e ter unha clasificación dos mesmos na nosa páxina do wiki.

 

clarec.jpg

O mesmo tutorial en slideshare.

Ou en Scribd.

 


Utilización dos recursos

Leo na prensa que a Consellería de Educación está a distribuir 9.000 equipos informáticos nos centros galegos (algo nos chegará). Mágoa que non distribúan un tablet pc para cada alumn@ coma en Aragón (no 3º Ciclo de Primaria, para empezar). Ben, estamos en plena campaña electoral, así que o que habían distribuir hai uns meses fano agora. Moi conveniente. E benvidos sexan estes recursos materiais, que dos persoais non se albisca nada. E cando pasen as eleccións, xa vos imaxinades…

Ben, tralo comentario da noticia, quero reflexionar sobre a utilización dos recursos, sempre materiais que en cuestión de persoal nunca estivemos peor (alomenos en Infantil e Primaria). Pois ben, considero que os recursos informáticos do centro deben estar á disposición de quen os utiliza. E cando digo a disposición refírome a unha disposición practicamente permanente. Poñamos un exemplo: dende hai un par de semanas dispoño na miña aula dun portátil e un proxector cunha dobre intención. Por unha banda, aplicar os recursos TIC co meu alumnado sen termos que andar a pasear polas aulas de informática e do encerado dixital en horas fixas e escasas (que tamén imos) dispoñendo en calquera momento do día de recursos para complementar o ensino baseado (polo momento) nos libros de texto. Véxase un exemplo. Mesmo a lectura do plan lector facémola con recursos TIC. Por outra banda, ó dispoñer destes medios materiais asegúrome a posiblidade práctica e frecuente de testear eses recursos que publico e organizo, xa que sen unha aplicación “in situ” resulta imposible determinar a súa idoneidade. Ata aquí este exemplo xustificativo.

A respecto do dito, considero que hai vari@s profesores/as no centro que deberían ter acceso permanente a este tipo de recursos, xa que demostran ter un traballo planificado de incorporación das TIC nas súas clases.

Aberto o debate.

Agora, coa nova chegada de material, correspóndelle ó Departamento TIC (unha das páxinas da cabeceira deste blog protexida por contrasinal coma algunhas outras para que só quen a saiba poida acceder ó seu contido, ata o de agora só o noso director a coñece porque ninguén máis se interesou por ela) decidir sobre repartos, ubicacións, utilización, etc. do mesmo.

Entendo, á espera das decisións do Departamento, que se lles dará prioridade a tod@s aqueles/as que estean interesad@s nas TIC. Daquela, como este interese debe concordar bastante co que se ten nos blogs e wiki do colexio, agardo que os comentarios d@s interesad@s non se demoren e propoñades algunhas solucións ás vosas necesidades.

En resume, e sempre dende a miña opinión (que non é nin moito menos a única a ter en conta), os recursos TIC débense facilitar ó máximo para aqueles/as profesores/as que estean dispost@s a utilizalos cunha maior frecuencia, en detrimento d@s que só farían un uso ocasional dos mesmos.

Posted in TIC, XERAL. Tags: . No Comments »

Recursos

Estaredes a observar que ultimamente publiquei unha serie de recursos educativos para determinadas áreas. Se non publiquei máis foi porque non os atopei aínda ou considerei que non tiñan suficiente interese. Tamén porque fai falla tempo para atopalos. En todo caso, gustaríame que quen probe eses recursos, e especialmente quen os utilice co alumnado, deixe un comentario sobre os mesmos coa finalidade de que os demais teñan unha idea actual e directa da súa utilidade, da facilidade de uso, etc. E, por suposto, agradecería as aportacións de quen, do noso centro ou de fóra, alumn@s, profesores/as, quen queira colaborar co noso proxecto educativo, calquera que teña acceso a este blog entre tantos que existen, coñeza algún recurso, idea máis ou menos novidosa, algo que aportar en xeral, escriba un comentario e comparta o seu coñecemento.

Dende Lugo

Si, dende Lugo e dende logo, neste enlace podemos acceder a unha plataforma formativa “usc.gifAula Virtual TIC-PEMEs” que ofrece cursos e recursos. Non se pode pasar por alto. Xa estamos a ver que quen non se forma é porque non quere. Ademais ten blog, wiki, etc. Do máis interesante.

Seguimos aprendendo

Este blog substitúe ó orixinal de blogger. En WordPress podemos dispoñer de moitos recursos.