Ferramentas da Web 2.0

web20.jpg

Web 2.0 na educación

Falan de nós

No blog “Remexer na lingua“, agora engadido nos enlaces, falan do wiki “donaurelio” porque lles gustou a nosa presentación sobre o magosto e un recurso publicado por Román. A ver se vai resultar que dende fóra se remexe máis ca dende dentro. Animádevos a publicar no noso espazo. Temos que dá-lo salto á web 2.0 e non permanecer parados ollando as webs dos demais. Xa vos dixen que non é complicado, só hai que empezar, publicar algo e ir facendo o camiño…