Grazas a Román por publicar no noso wiki a presentación do “proxecto lector” e unha serie de enlaces de interese encol do tema da lectura que hoxe debatimos.
Hoxe, ó longo de máis de dúas horas, na aula de informática @s alumn@s de 5º B e mais eu puxemos en marcha un wiki privado en wikispaces. É o mesmo que o wiki “donaurelio” pero neste caso, ó ser profesor, permítenme un espazo gratuito, privado e sen publicidade para utilizar exclusivamente cos meus alumnos. Non deixo aquí un enlace porque ninguén pode ver ese wiki, só 5º B. É coma unha extensión da nosa aula en internet, con total intimidade. ¿Non vos apetece facer un para as vosas clases?
Insisto na conveniencia de que todo o profesorado do CPI deixe rexistrada en secretaría unha conta de correo
para facilitar as comunicacións.
Tamén podedes participar (@s que teñades unha conta rexistrada) no wiki “donaurelio“,
porque probablemente poidamos facer dese espazo un punto de encontro fundamental.
Se clicades á esquerda en “donaurelio” entraredes nun wiki que acabo de crear para o CPI.