Quero dá-las grazas a tod@s @s que visitades este blog porque, con tres semanas de vida, aparece hoxe nas estatísticas de “WordPress.com” no terceiro lugar entre os mellores blogs do día. O post sobre “as fraccións” aparece en segundo lugar en “top posts”. E, finalmente, este blog está catalogado por WordPress.com como o de crecemento máis rápido. Pescudando un pouco, veño de averiguar que se trata de blogs escritos en lingua galega (cada idioma utilizado ten as súas estatísticas). En fin, fóra estatísticas, o principal é que estou moi animado e ilusionado pensando na existencia dun respectable público para quen publico e que o que estou a facer resulta de utilidade.

Este blog substitúe ó orixinal de blogger. En WordPress podemos dispoñer de moitos recursos.