Ágora rede

 

agored.jpg

Ó estilo das ágoras (prazas públicas nas antigas vilas e cidades gregas, onde se realizaban operacións mercantís e se reunían as asembleas do pobo), estase a crear un espazo na rede para que @s profesores/as poidamos compartir experiencias e coñecementos, tecendo así unha estrutura dinámica de intercambio social no eido educativo. Está sustentada na plataforma Ning, unha nova oportunidade brindada pola web 2.0 para tecer redes sociais. No caso do ensino galego bótase a faltar unha coordinación dos esforzos que, na medida das posibilidades de cada un/unha, estamos a desenvolver un bo número de profesores/as. EducAstur na Comunidade asturiana, EducAragón na aragonesa, e tantos outros portais sustentados polas administracións educativas respectivas dan boa cobertura, coordinación e asesoramento a cant@s profesores/as desexen incorporar as TIC á súa práctica docente. Aquí en Galicia tamén temos un portal educativo: EduXunta, pero non funciona coma un lugar na rede onde publicarmos as nosas experiencias, opinións, enlaces ós nosos blogs, wikis, etc. Non coordina a incorporación das TIC ó ensino como moit@s pensamos que debería facerse. E así vémonos illados nos nosos centros e nos espazos que poñemos na rede para seren aproveitados e compartidos por outr@s profesores/as e pola sociedade educativa en xeral. En “Ágora rede” preténdese cubrir este baleiro. Advirto que só se trata dunha proba. Quen desexe entrar terá que solicitarllo ó administrador. Oxalá que funcione. Será para ben de tod@s.

Anuncios
Publicado en Educación, TIC, WEB 2.0. Etiquetas: . 1 Comment »

Una respuesta to “Ágora rede”

  1. Panorámicas | Remexer Na Lingua Says:

    […] Está a ser unha enorme satisfacción, penso que para toda a xente que alí está a participar, a evolución do espazo colectivo ´agora rede, unha alternativa para a formación en TIC acorde coas necesidades actuais que non está a cubrir a Administración (como tan ben o formulou Alberto). […]


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: