A dinamización das TIC no noso centro

Superado o período de grande actividade que supuxo o principio do curso e facendo un considerable esforzo para conformarmos un grupo de dinamización das TIC no noso CPI,  xa estamos en condicións de avanzar con pasos decididos no camiño da incorporación das TIC ao ensino neste curso.

Decidimos abrir unha Ning en modo privado para facilitar a comunicación e a aprendizaxe entre os membros do grupo de dinamización e de todo o profesorado que está ou estivo no CPI.

donaurelio

Nesta rede estamos a participar 18 profesoras e profesores e estamos seguros de que ao longo do curso contaremos con bastantes máis.

A propia aprendizaxe do funcionamento da Ning está a procurar novas habilidades propias da web 2.0 á maioría deste profesorado.

Froito deste pulo dinamizador, contamos xa cunha nova bitácora de Física e Química e outra dedicada ao Museo do CPI.

Varios ciclos e departamentos decidiron investir parte dos seus presupostos en portátiles e proxectores para podermos equipar minimamente as nosas aulas e achegar as TIC ao alumnado.

Estamos moi lonxe aínda de acadar un nivel de equipamentos suficiente para unha incorporación das TIC ao ensino. Colaboramos cun proxecto de encerados dixitais interactivos que nos permitiu adquirir a prezos bastante aceptables dous deses encerados.

O claustro de profesores decidiu solicitar da Consellería de Educación máis medios para as TIC.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: