Máis TIC nas aulas

Empeza así o titular dunha noticia de actualidade que se pode ler completa en Galicia-Hoxe.com.

Saliento algúns extractos, deixando á consideración de cadaquén a confiabilidade nas institucións que promoven algunhas medidas para levaren as TIC ás aulas galegas. ¿A todas? ¿A algunhas escollidas?

Educación asinou coa compañía un acordo polo que unha porá os equipos e a outra os programas.

Perséguese neste caso unha adaptación ás novas tecnoloxías, para incrementar a calidade do ensino.

Educación comprometeuse a asegurar que os centros conten con elementos persoais e cos materiais necesarios.

Achéganse as eleccións e, lonxe de alcanzarse a promesa electoral das anteriores de termos agora mesmo un ordenador para cada dúas/dous alumnas/os en cada aula de cada centro educativo galego, cómpre ir enchendo as noticias de TIC no ensino galego para que os votos non queden nas casas dos que non nos cremos nada porque estamos a ollar a realidade a cotío e ao longo de moitos anos sen que coincida con promesas nin manifestacións de progreso totalmente afastadas do seu cumprimento.

Mais, a pesares de que esta Consellería non apostou polas TIC en igualdade para todo o ensino galego, tampouco o fixeron os sindicatos, nin a oposición, nin as asociacións de nais e pais, nin os claustros de profesores, nin…

Só unha minoría do profesorado en Galicia traballou e traballa arreo a prol das TIC no ensino, mesmo sen medios, non só sen o apoio necesario senón con atrancos de todo tipo.

Ábrese agora un período de pequenos avances motivados pola constatación de que sen avanzar nas TIC estamos a perder de vista ao resto das comunidades autónomas e a quedarmos atrancados nunha educación obsoleta.

¿E que ten de malo soñar un pouco?…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: