Coidado con Internet Explorer

Eu non o utilizo para case nada. Só cando teño que usar as aplicacións informáticas da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, xa que nin o correo web do profesorado, nin os cursos de formación do profesorado, nin a aplicación Xadeweb para a xestión dos centros educativos galegos funcionan correctamente con ningún outro navegador. En todos os demais casos uso Firefox, software libre, para min o mellor navegador que existe.

Mágoa que a administración pública nos condicione a gastar diñeiro nun navegador como Internet Explorer que, ademais de ser software de pago, é moi mal navegador e moi vulnerable.

Esta noticia de hoxe ponnos, unha vez máis, sobre aviso.

explorer

Pois síntoo, pero xa non volverei usar Internet Explorer máis que dende o centro educativo no que traballo onde, por certo, dende hai días proliferan os virus e troianos.

Xa lle aconsellei moitas veces ao profesorado do centro que use Firefox.

2 comentarios to “Coidado con Internet Explorer”

  1. musiescola Says:

    Ola: Eu empreguei Konqueror con OpenSUSE 11 para meter as notas no Xade e funcionou ben. Só hai que variar a identificación de Konqueror como IExplorer 6 e foime… Pero non quero desde logo xustificar a esta Consellería, coa que estou bastante en desacordo despois de catro anos.
    Un saúdo e grazas polo teu traballo

  2. Alberto Armada Says:

    Excelente blogue e wiki o de Musicanaescola.
    Incluireino no blogroll.
    Grazas pola aportación.
    Saúdos.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: