Os horarios para a coordinación TIC

Como coordinador TIC dispoño de dúas sesións semanais de 50 minutos no meu centro.

En Asturias a situación é diferente:

“El 80 por ciento de los centros públicos asturianos disponen de Coordinadores de Nuevas Tecnologías, que destinan 10 horas semanales de su horario docente a dinamizar las TIC en los centros educativos.  El consejero de Educación y Ciencia señaló que Asturias tiene profesorado “suficiente” para avanzar seriamente en el dominio por parte del alumnado de la competencia digital”.

Levo máis dun ano reclamando máis horario para poder axudar a incorporar as TIC nas aulas co CPI de Cuntis.

Pois xa non seguirei a reclamar a título individual.

Coido que a reclamación deberá facela todo o profesorado, alumnado, nais e pais que teñan interese en que as TIC se incorporen ás aulas.

Eu, como titor en Primaria, xa teño un blogue con recursos TIC para as miñas clases. Tamén temos na nosa aula un encerado dixital interactivo e varios ordenadores (non funcionan moi ben, pero teñen certa utilidade).

Así, aínda lonxe de contar con medios de primeira, podo afirmar que dispoño dun aula TIC e bastante formación para desenvolver as clases con TIC.

Este blogue de coordinación, mantido a base de incontables horas extra que ninguén paga nin recoñece, xa ten cumprido dabondo cos seus obxectivos.

A web dinámica do centro está na rede, potenciada con moito esforzo e dedicación tamén en horas extra, agardando que todo o profesorado, alumnado, nais e pais aporten contidos.

O wiki do centro está en pausa dende hai moito tempo, polas mesmas razóns…

Agardo as reclamacións da comunidade educativa e as respostas da administración para seguir a aportar en 2009, con tempo e recoñecemento,  os meus coñecementos e dedicación para a consecución dos obxectivos que nos plantexamos.

A dedicación ás miñas clases ocupará en adiante todo o meu tempo extra, e a función de coordinación quedará restrinxida exclusivamente a esas dúas sesións semanais.

Non me fago responsable do consecuente retraso TIC. Faltaría máis.

tic-tac

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: