Dinamizando as TIC en 2009

Seguiremos a impulsar a incorporación das TIC ao ensino nas aulas do centro ao longo de 2009.

Deberemos corrixir algúns atrancos existentes ata o presente que non facilitaron para nada esta incorporación das TIC.

Instalar só un ordenador nas aulas é totalmente insuficiente para a incorporación das TIC.

Dispoñer da aula de informática para unha sesión semanal é tamén insuficiente para incorporar as TIC como algo que necesariamente debe ser de uso cotián e continuado.

Contar cun encerado dixital interactivo nunha aula para todo o centro non abonda para estender o uso das TIC a todo o centro.

O único xeito de incorporarmos as TIC consiste en levalas ás aulas de xeito permanente, tendo os equipamentos dispoñibles continuamente sen necesidade de realizar traslados e conexións dos mesmos cada vez que se pretenden utilizar.

Por iso, pretendemos instalar en cada aula un ordenador e un proxector (fixo no teito) para dispoñer dun Encerado Dixital (non interactivo) de xeito permanente á disposición de todo o profesorado que imparta as súas clases en todas as aulas do centro.

Para acadar isto, cómpre que os presupostos dos ciclos e departamentos acheguen os investimentos necesarios para a adquisición dos equipamentos, ou ben que o presuposto para as TIC sexa suficiente para acadar este obxectivo.

Isto debe ser así, á vista do caso que se fai das peticións do claustro de profesores.

Con respecto á formación do profesorado, este coordinador continuará a apoiar no escaso tempo asignado a algunhas profesoras e algúns profesores con quen coincida nas horas de coordinación e dinamización.

Xa deixei claro nun post recente que as reclamacións dos horarios necesarios deberán facelas todo o profesorado, alumnado, nais e pais que teñan interese en que as TIC se incorporen ás aulas.

Prestarase especial atención á confección de blogues educativos e á formación para a utilización do encerado dixital de cada aula.

Os esforzos de parte do profesorado para aprender as TIC son moi notables e deberán continuar ao longo deste ano basicamente en horas extra, tendo en conta que a política de incorporación das TIC ao ensino en Galicia non ofrece facilidades ao respecto.

Continuaremos a utilizar a rede Ning do centro para a dinamización das TIC en tempos fóra do horario escolar.

Agradezo a todo o profesorado implicado en levar as TIC ás súas aulas o interese e a dedicación a este obxectivo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: