Froitos das TIC no noso CPI

Coma se fosen árbores enraizando no ensino, as TIC están a dar os seus froitos no CPI de Cuntis.

Ademais dos avances do profesorado na súa formación e a utilización das TIC cada vez maior por parte do alumnado, adoitamos percibir a incorporación das TIC a través dos espazos abertos na web.

Hai pouco máis dun ano naceu este blogue de coordinación e xa son doce os blogues xestionados dende aquela por profesorado e alumnado do centro. Contamos ademais co wiki, a web dinámica e o imprescindible recurso colaborativo da rede Ning.

Neste curso xurdiron cinco, o último dos cales corresponde á profesora Emilia Monteagudo, exemplo para moitas e moitos de interese e mesmo entusiasmo polas TIC na procura do novo enfoque educativo que poden propiciar. Trátase dun blogue de recursos para a súa aula de cuarto de primaria.

rcp

Una respuesta to “Froitos das TIC no noso CPI”

  1. romanlandin Says:

    Noraboa a Emilia, Chicha e Julia polos blogues que botaron a andar nos últimos tempos e parabéns para o coordinador. Todo un acerto foi a apertura dunha rede social en Ning, sen dúbida.

    A ver se agora somos quen de impulsar blogues do alumnado. Dende o ENDL queremos facer un obradoiro de blogues para que comecen a actualizar eles algúns como xa comezaron a facer os alumnos e alumnas do Club de Lectura.

    Parabéns a tod@s!


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: