Baixo mínimos

Ao longo de máis dun ano estiven a publicar regularmente e con moito interese recursos educativos, manuais, utilidades, opinións, etc. neste blogue coa intención de que puidese servir como punto de partida para outr@s docentes interesad@s na confección de blogues ou wikis de recursos TIC para aplicaren nas súas clases.

Tamén é posible utilizar estes recursos e as ideas e suxestións directamente sen necesidade de confeccionar un espazo 2.0 propio.

Eu mesmo teño un blogue para as miñas clases con máis de mil recursos de 5º e 6º de Primaria. A utilización do mesmo polo meu alumnado está a ofrecer moitas posibilidades de mellora nas aprendizaxes.

A dedicación a este último, o estudo de novas tecnoloxías como o encerado dixital interactivo, o mantemento dalgúns ordenadores case obsoletos na aula, a planificación e posta en práctica das actividades diarias, do wiki de aula, a confección de recursos educativos, o mantemento da rede social do centro, a autoformación continua, a administración da rede Internet en el Aula, e un longo etcétera… absorben xa totalmente o meu tempo.

Non escatimo esforzos para aportar o meu gran de area a un mundo educativo máis acorde coa sociedade do coñecemento.

Emporiso, tendo en conta que a asignación horaria semanal como coordinador TIC no meu centro neste curso e no anterior limítase a dúas horas, dificilmente podo xa dar cumprida resposta a tanto traballo.

Optando polo máis razoable, debo deixar a actualización deste blogue baixo mínimos.

Agardo que o publicado ata agora poida seguir a ser de utilidade e compráceme que siga a ser, no último medio ano, a contribución máis vista do Congreso Nacional Internet en el Aula.

Esta situación só poderá cambiar na medida en que dispoña de maior asignación horaria como coordinador TIC.

Una respuesta to “Baixo mínimos”

  1. Revolta da freixa Says:

    Quero agradecerche todo este enorme traballo que levas desenvolvido. Foime moi útil como guía neste lerio da internet.
    Tamén comprendo o teu desazo. Sírvache de triste consolo que as autoridades educativas poderán presumir dunha boa produtividade co tempo asignado.
    En fin… Supoño que non tardará moito algún correo ou algunha carta pedindo voluntarismo, profesionalidade etc.
    Que non falte a saudiña.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: