Retomando unha certa actividade

Semella que foi unha especie de corentena…

Pois aos 40 días de deixar en suspenso a actualización deste blogue, a dirección do CPI vén de anunciarme o seu interese (que nunca deixou de existir pola súa parte) por incrementar o meu horario como coordinador TIC para o vindeiro curso.

Isto será posible porque todo indica que disporemos dun cadro de persoal suficiente no centro que vai permitir que as dinamizacións das TIC e da biblioteca conten con máis tempo dentro do horario escolar.

A crecente demanda de compañeiras e compañeiros dunha persoa dispoñible en tempo real para procurar solucións a problemas de software e hardware no momento en que se están a utilizar durante as clases, así como para asesorar e mesmo formar ou proporcionar canles formativas ao profesorado e impulsar a incorporación das TIC compensando os numerosos esforzos e dando resposta ás inquedanzas por unha mellora da calidade educativa deu como resultado esta priorización das TIC como aposta polo futuro.

O mantemento deste blogue e da web dinámica son imprescindibles tamén (xunto coa rede ning) para dinamizar as TIC implicando cada vez a máis profesoras e profesores (o que significa implicar a máis alumnas e alumnos e ás súas familias).

Por iso, e aínda sen dispoñer polo momento dese tempo tan necesario, o simple coñecemento das oportunidades futuras de dedicación a estas tarefas impúlsame a tratar de continuar dende xa coa actualización deste blogue.

Lonxe de continuar coa publicación de recursos específicos de áreas e ciclos (abondan como mostra os xa publicados) procurarei perfilar a dinamización con algunhas referencias de carácter máis xeral, toda vez que neste curso xa xurdiron novos blogues de ciclos e materias neste centro, creados por profesoras e profesores que acolleron con entusiasmo as TIC e están a desenvolver un traballo moi positivo.

3 comentarios to “Retomando unha certa actividade”

  1. Íñigo Says:

    Felicidades por el blog. Haces un estupendo trabajo. A ver si esa reducción se mantiene en el tiempo. (De todos modos, y te lo digo desde la Dirección de un IES, todo depende al final del Servizo de Inspección y de la plantilla de profes que te deje cada año, aunque me imagino que ya eres consciente de ello, por las entradas recientes que has dejado).

    Bueo, pues por esa dedicación altruista y de calidad, desde Musicados hemos querido otorgarte el Premio Compromiso Educativo.

    Puedes pasarte por musicados.blogspot.com para ver el premio.

  2. Alberto Armada Says:

    Moitas grazas, Íñigo.

    Estarei encantado de recoller o voso premio.

    Xa sabemos que se as autoridades teñen interese nas TIC, estas chegarán ás aulas. E se poñen moi boa vontade chegarán en moi boas condicións.

    Unha aperta.

  3. María Presso Says:

    Felicitaciones!! Excelente el Blog, muy completo e interesante el contenido. Se nota el compromiso, así que ¡muy merecido el premio!
    Saludos


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: