A escola desconcertada

Xa sabiamos desa clasificación escolar en tres tipos de centros educativos: a escola pública, a privada e a concertada.

Quizais haxa que engadir un novo tipo de escola, unha moi enxebre pero pouco interesante para o futuro de Galicia: a escola desconcertada.

Esta é a definición que se me ocorre establecer na actualidade.

Abraiado por noticias constantes sobre a implantación da Escola 2.0 en case toda España, esperanzado tamén pola posibilidade de que en Galicia haxa algunha decisión positiva ao respecto de esta integración das TIC no noso ensino con dotacións e formación suficientes para enganchármonos ao tren do futuro, sigo a asistir á desinformación máis absoluta.

Que está a pasar no noso país?

Sabemos que somos a segunda comunidade autónoma pola cola en acceso á banda ancha de internet. Só estamos a unha escasa distancia de Estremadura, que figura no último lugar segundo se desprende das informacións ás que un servidor ten acceso. Pero nos centros educativos estremeños teñen ordenadores e internet nas súas aulas. Teñen un portal educativo moi ben apañado, formación do profesorado, horarios para dedicar á coordinación das TIC nos centros, administradores/as de rede nos centros para o mantemento dos equipamentos, plans de integración das TIC impulsados e coordinados pola súa administración, etc.

A desinformación sobre as TIC educativas en Galicia vai dende a administración ata as aulas nun percorrido de ida e volta incesante. No medio deste panorama de descoñecemento e inacción atópase un profesorado desconcertado, unhas familias desconcertadas…

Non se entende que o alumnado de 5º de Primaria en Galicia non dispoña dos ordenadores e demais equipamentos prometidos para toda España. Certo que noutras comunidades aínda non dispoñen deles, pero cando menos xa se lles anunciou algunha data máis ou menos próxima e están a facer planes para un futuro inmediato.

En Galicia, non.

Por que?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: