A miña contribución no 10º Inforensino

Na primeira xornada do 10º Inforensino celebrada onte en Lugo, tratei de contribuír á integración das TIC nas aulas dos centros educativos galegos.

Déixovos un slidehare da presentación e outro co texto correspondente.

Apostando polas TIC nun centro educativo galego

 

6 comentarios to “A miña contribución no 10º Inforensino”

  1. José R. Vidal Says:

    Alberto,
    Despois de felicitarte unha vez máis polo teu/voso traballo, quixera solicitar a túa axuda para iniciarnos no noso Centro na rede Ning. Cal é a súa utildade? Que é o primeiro que teríamos que facer? Que precisamos?

    Pretendo contribuir a potenciar o uso das novas tecnoloxías, sobre todo para a atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo, por medio da divulgación de actividades e recursos de atención á Diversidade.
    Agradecendo de antemán a túa atención,
    José R. Vidal
    Pedagoxía terapéutica
    IES Monte Carrasco. Cangas

  2. Alberto Armada Says:

    Ola, José.

    Grazas pola felicitación.

    Estiven a ollar algúns dos vosos espazos: web, blog… e atopo un estupendo traballo que poderá medrar moito coa colaboración de toda a comunidade educativa.

    A nós a rede ning sérvenos para coordinar e dinamizar o coñecemento e uso das TIC no noso centro. Resúltanos útil porque podemos axudarnos compartindo o que aprendemos e ademais podemos facelo dende calquera lugar.

    O que precisades é crear unha en http://www.ning.com/

    Se non tedes experiencia en redes sociais, será mellor que primeiro vos inscribades nalgunha para coñecerdes o seu funcionamento.

    Aconséllovos http://agorarede.ning.com// que foi a primeira na que estiven e na que sinto non ter participado case nada nos últimos tempos ao estar máis ocupado en http://internetaula.ning.com// como administrador.

    Se tedes calquera consulta, estou á vosa disposición.

    Saúdos.

  3. Proyecto Agrega Says:

    Nos unimos a las felicitaciones!.
    E moitas grazas por lembrarte de nos!!!
    Saludos
    Community Manager @agrega

    • Alberto Armada Says:

      Muchas gracias.

      Me habría gustado hablar largo y tendido sobre Agrega, pero el tiempo era demasiado limitado.

      Saludos.

  4. Román Says:

    Parabéns, Alberto! Xa miro que segues botando sementes.

    • Alberto Armada Says:

      Graciñas, Román. Xa sabes que fuches un grande apoio para min naqueles comezos… e despois, e sempre.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: