Empezamos a movernos?

Semella que si. E supón para min unha boa nova que haxa un colectivo de equipos directivos de centros en Galicia que estea a realizar reflexións, estudos e mesmo reclamacións para a implantación das TIC no ensino galego.

Segundo recolle o diario Galicia Hoxe, e non resulta frecuente atopar información publicada sobre as TIC educativas en Galicia, a Asociación de Equipos directivos da provincia da Coruña vén de realizar unha enquisa na que descobren o atraso que levamos na implantación das TIC nos centros educativos da nosa Comunidade.

Non me sorprenden as cifras e porcentaxes sobre a escasa preparación docente e a falta de infraestruturas nos centros para levar adiante o plan “Escuela 2.0”. Ao longo dos tres últimos cursos veño reclamando dende este blog esa preparación e os medios tecnolóxicos necesarios.

Seica había outras prioridades?

Agora preténdese acadar o éxito da “Escuela 2.0” sen ter feitos os deberes previos no que se refire a estas dúas premisas básicas.

Pois xa veremos como sae adiante…

Do publicado no artigo de Galicia Hoxe quero salientar o seguinte:

Catorce mil alumnos de 700 aulas de primaria e secundaria de Galicia deberían estar dotados antes do mes de abril con cadanseu ordenador portátil”.

“Esta dixitalización das aulas afectaría tamén a 2.500 docentes, que, a teor dos datos extraídos do informe realizado pola Asociación de equipos directivos da provincia da Coruña, carecen da formación necesaria en novas tecnoloxías.”

“…diversidade de situacións que se dan nos centros -os gastos de mantemento e reparación dos equipos que se incrementan cada curso, a falta de dotacións complementarias para este fin, a falta de resposta en tempo razoable dos servizos técnicos da Consellería…”

“Respecto da dotación de ordenadores portátiles ó alumnado en determinados niveis educativos, os centros consideran que o 70 por cento dos docentes que imparten nestes niveis non teñen formación suficiente para utilizalos.”

“…entre as conclusións do estudo figura a demanda dun “urxente plan de formación de todo o profesorado no ámbito das novas tecnoloxías…”

“Denuncian tamén que os servizos técnicos da Consellería cobren menos dun 20% das necesidades de mantemento dos centros…”

“…o 30% dos centros non teñen conexión a internet en todas as aulas…”

“A Asociación urxe pois, actuacións planificadas no ámbito do equipamento, formación dos docentes e tamén na dinamización das TIC nos centros, con liberación horaria para os dinamizadores.”

“…denuncian que a Consellería galega non lles facilita ós centros información algunha sobre o Proxecto Abalar e temen que o proxecto seleccione algúns centros e non haxa implantación en todos, “o que podería levar a crear centros de distinto nivel dentro da rede pública”.

O dito. Nada disto me resulta sorprendente. En todo caso, alégrame que dentro da comunidade educativa xurdan estas iniciativas.

Publicado en General. Etiquetas: . 2 Comments »

2 comentarios to “Empezamos a movernos?”

  1. David Says:

    Está ben isto,
    Outramente, a veces penso, que imos ao mar sen agulla de marear, que poucos son os que coma ti, teimudo e admirado Alberto, saben responder ás “five W” que din os anglosaxóns: qué ensinar: imos xogar aos patróns e as tediosas programacións e os contidos impostos?; quén son actores da aprendizaxe: seguimos coas vellas xerarquías?; onde: ten sentido seguir con ese concepto espacial de aulas?, imos seguir a escribir as ecuacións en pizarras… dixitais (que gasto de luz)?; cando…; por qué… e para qué
    Arredor miña escoito tantas preguntas sobre o como; e tan poucas veces alguén rompe a falar de todas as anteriores; e todas as anteriores son as que a min me interesan.
    As veces penso no Gatopardo, penso nos Príncipes de Salina: “Para que todo permaneza no seu ser, é preciso que todo mude”. Dá medo a ignorancia do gobernante actual, incapaz de previsión, consumido pola mala intención e o desprezo, resentido pola conciencia das súas propias limitacións intelectuais e políticas, capaz de alourar as augas, enfrontar aos nenos, por unha fecha de auga e unhas migallas de nada na mesa do poder.
    Unha aperta, ánimo nos teus traballos, es unha referencia, e nestes tempos imos precisar “marcas” e fitos ben visibles, porque, ogallá me engane, teremos que navegar a ollo e se hai brétema de oído, cara onde soan os sinos.
    Alá imos!

    • Alberto Armada Says:

      Este teu, David, é o que eu considero o comentario dos comentarios.
      Non imaxinas canto cho agradezo!
      Lonxe de considerarme unha referencia, sendo consciente de non ser máis ca un docente de a pé coma calquera, agardo o día en que unha maioría de docentes no noso país sexa quen de transformar esa “ignorancia do gobernante actual” na necesaria sabedoría e sensibilidade social que o ensino precisa para cumprir o seu cometido dun xeito máis racional, máis xusto e máis adaptado aos tempos.
      Das iniciativas desta Asociación de equipos directivos, do teu propio compromiso, do meu, do seu… haberán de xurdir camiños polos que percorrer o inmenso e ilusionante itinerario que nos leve ao mellor dos destinos posibles.
      Grazas de novo.
      Unha aperta.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: