O proxecto Abalar

Coñécese con este nome o proxecto “Escuela 2.0” impulsado polo Ministerio de Educación en toda España, nunha adaptación ao sistema educativo galego.

Caracterizándose polo retraso na súa aplicación e a pouca información subministrada, considero conveniente deixar constancia do que ata o de agora sabemos sobre o mesmo:

A Consellería de Educación dotará aos centros educativos de 15.000 ordenadores ultraportátiles.

  • 700 aulas de 5º de Primaria e 1º da ESO o vindeiro curso 2010/2011.
  • Os ordenadores serán utilizados nos centros escolares.
  • 1024 MB de memoria RAM, e 120GB de disco duro; tarxeta de son, tarxeta de rede e de rede sen fíos. As pantallas serán de tipo TFT, de dez polgadas; e as baterías, de tecnoloxía Litio-ión, manterán unha autonomía de polo menos 300 minutos.
  • Polo menos co sistema operativo GNU/Linux.
  • En 2013, todas as aulas de 5º, 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO deberán estar dotados destes recursos.
  • Un portal web, ‘EspazoABALAR’.

A Consellería de Educación formará aos coordinadores TIC.

  • Os docentes deberán converterse en administradores de coñecemento.
  • Os coordinadores TIC, arredor de 200 na primeira fase, serán os encargados de desenvolver actividades formativas en cada centro.
  • O profesorado disporá dun conxunto de recursos e aulas virtuais que poderá empregar no día a día na clase.
  • A plataforma web de ABALAR facilitará a parte administrativa do seu traballo, simplificando procesos como a introdución de datos nos expedientes do alumnado, abrindo novas canles de comunicación cos alumnos, as familias, a dirección do centro e o resto do profesorado.
  • A construción do coñecemento debe superar o enfoque da mera repetición de contidos e aplicaranse estratexias de ensino-aprendizaxe innovadoras que propicien máis ben a construción do saber.

Presentación do proxecto ABALAR

  • Impulsa un cambio de modelo educativo en Galicia.
  • “da aprendizaxe pasiva á aprendizaxe colaborativa, a investigación e a aprendizaxe activa e interactiva”
  • Facilitando o desenvolvemento de novos modelos pedagóxicos e a incorporación dos últimos avances  tecnolóxicos na educación.
  • Fomentando o espírito colaborativo e participativo dos docentes para establecer unha comunidade de desenvolvemento de contidos propios.

Publicado en Abalar. Etiquetas: . 15 Comments »

15 comentarios to “O proxecto Abalar”

  1. César Salgado Says:

    Graciñas polo resumo e os enlaces.

    • Alberto Armada Says:

      De nada, César.

      Saúdos.

  2. Agustín Says:

    Coido que apartir de agora a bandeira que se enarbolaba de edu 1:1 para o alumnado se siga defendendo cara os centros educativos, pois non son todos os beneficiarios e só uns poucos os favorecidos por circunstacias técnicas e non pedagóxicas. Esperamos que a criticidade desplegada dende esta plataforma non se vexa asulagada por doces tecnolóxicos, posto que somos moitos os que confiamos en que o 1:1 comece nos centros, docentes e alumnados.
    Saúdos

    • Alberto Armada Says:

      Pois precisamente agora que se está a afondar a fenda dixital e a desigualdade de oportunidades educativas, cómpre, máis que nunca, seguir a reclamar a necesidade de edu 1:1.

      Estase a facer bastante mal a implementación das TIC no ensino. Son moi poucas as aulas destinatarias nesta primeira etapa, xa retrasada, en Galicia. Cómpre tamén non esquecer o caso das CCAA de Madrid, Valencia e Murcia, renunciando a estes avances…

      Sempre mantiven e manterei que as TIC deben chegar a todas as aulas de todos os niveis educativos ao mesmo tempo, e coido que o noso país está en condicións de afrontar o gasto que iso supón.

      Saúdos.

      • cubanitus Says:

        Se falades de fenda dixital… e parece que con coñecemento de causa, lembrade que tamén é fenda dixital que os contidos dixitais se sigan editando (por parte dos profes 1.1 e por parte dos profes 2.0) de xeito inaccesible para persoas con discapacidade. Algo que os docentes seguimos a facer sen visos de cambio. Algo que moitos docentes nin sequera saben de que vai o asunto porque nin difusión lle damos ao asunto apesares das nosas responsabilidades, alomenos éticas.

        Juan

  3. anxo Says:

    Ola, Alberto. Eu tamén son pelín crítico con todo este lío, a pesar de empregar diario as TIC. Semella que sempre se comeza a casa polo tellado.
    – Hai modelo educativo para soster toda a parafernalia?
    – Están os intermediarios (o profesorado) formados para ser quen de aplicar o modelo, encauzar ao alumnado e solventar as dúbidas e problemas que xordan en cada momento?

    Eu coido que a resposta é NON.

    Hai unha partida de cartos que hai que gastar como sexa e aí van. Todo o demais virá despois. Así o que se consegue son basicamente dúas cousas: que o profesorado refractario, obxecte, e se cargue de razón (“xa o dicía eu”) e que aqueles que levan -levamos- un tempo nisto estean a apagar os lumes de todo. Iso si, sen compensacións nin horarias (lembra Asturias) nin doutro tipo; que para iso somos funcionarios.

    Tamén se fala dos materiais que ofrecerán. Tamén eu son escéptico (espero equivocarme). Eu xa vou facendo os meus e compartindo, pero penso que se teñen tal cousa por que esperar e non os subir ao apartado de Contidos do Portal Educativo? En fin, non entendo gran cousa.

    • Alberto Armada Says:

      Non che faltan razóns para o escepticismo. E tampouco eu entendo gran cousa, non creas…

      O que si está claro é que o profesorado coma ti, coma min, e como bastantes máis teremos que traballar arreo aínda que non nos compensen.

      Isto vai coa nosa convicción de que as TIC han favorecer o ensino. Do que fagamos obteremos froitos. Seguro.

      Ánimo!

  4. César Salgado Says:

    Hoxe apareceu, no portal da Consellería, un PDF titulado “Respostas ás cuestións formuladas polos centros educativos en relación co proxecto ABALAR”. Lacónico, críptico, burocrático. Quousque tandem abutere, Consellería, patientia nostra?

    O citado PDF pode descargarse desde http://www.edu.xunta.es/web/node/711

    • Alberto Armada Says:

      Xa o viramos antes porque nos chegou ao correo do centro. A túa descrición é moi atinada.

      Paciencia e algo máis…

      Graciñas.

  5. Javier Says:

    Eu tamén únome ás Catilinarias, coincido en que non hai un sustento pedagóxico para todo isto e que as instalacións dos centros para proxecto Abalar non contemplan a accesibilidade para os alumnos discapacitados (disto dou fe); espero que cos equipos sexan máis flexibles, aída que o dubido.

  6. Agustín Says:

    “Palabras femias, feitos machos” dician por ahí, coido que os “abalados” tedes unha responsabilidade en:
    – Crear contidos accesibles, alomenos aparentemente.
    – Intentar cambiar as maneiras de facer as cousas na administración.
    – Compartir a información e as experiencias realizadas e non só comercializalas en relatorios, cursos, conferencias e demais.
    – Darlle máis protagonismo aos rapaces e menos aos docentes.

    Sería interesante para os que controledes nesto da web social que monitoricedes e difundades todo o que acontece no proxecto abalar nos vosos centros (oficial e non oficial) para solventar a falla de información da administración e que, repito, os doces tecnolóxicos e as promesas de liderazgo non asulaguen a necesidade social de información.

  7. Anxo Says:

    Este blogue é unh amostra perfecta. Fíxate na cantidade de ligazóns a outros blogues que ten. Aí tes o que se está a facer no país.
    Se queres máis, a folla de contidos da Xunta (que ten o que ten), ou a folla dun sindicato (http://recursos.cig-ensino.com/). Manda truco, cando os sindicatos se teñen que pór a agrupar os recursos… isto vai chungo.
    E aínda máis, a rede de Agora (http://agorarede.ning.com), e unha ligazón autoorganizada por profesores de recursos en galego (http://cursocontidos.wikidot.com/).

    E máis. Tan só hai que coller rumbo e navegar….

  8. Mª José Says:

    Hola

    Deduzco de todo lo leido en el post de Alberto y en los comentarios que este tema está aún muy en el aire . Agradezco el PDF que habeis dejado respecto a las preguntas que se hacen los centros respecto al Proyecto Abalar y aunque creía que esto iba a significar un gran avance para Galicia , creo que habrá que esperar a ver que formación vamos a recibir , cómo , cuándo y dónde … porque sobre el papel ha quedado muy bonito , pero en el día a día , los alumnos que lleguen a 1º ESO inmersos en este proyecto y los profes que tengan que hacer de conejillos de indias . . . no lo tengo nada claro y eso que estoy a favor de la introducción de las TIC ya ! pero …
    Siento no ser muy optimista respecto al curso que viene
    Cordialmente

    • Alberto Armada Says:

      Es posible que el primer curso de implantación del proyecto resulte bastante complejo.
      Por lo que veo en esta información http://www.edu.xunta.es/web/node/812 también tu centro estará en esta primera fase.
      Supongo que el optimismo irá creciendo a medida que se vaya desarrollando la formación…
      Saludos.

  9. Money Man Says:

    Everything is looking great. Thanks for the information!


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: