Máis información sobre o Proxecto Abalar

Dende a miña condición de mestre titor de Primaria cunha redución de dúas horas lectivas semanais para o desenvolvemento das funcións de coordinador TIC no meu centro (48 docentes), sen contacto algún coa Consellería de Educación nin información á parte da oficial que a mesma publica, a miña contribución ao coñecemento do Proxecto Abalar non pode chegar máis lonxe que a estas ligazóns que vou deixando ás páxinas da Consellería.

Neste momento, atopo unha información bastante redundante pero algo máis organizada que agardo sexa de utilidade:

Proxecto_Abalar

6 comentarios to “Máis información sobre o Proxecto Abalar”

  1. Victor1966 Says:

    Boas, antes de nada dicir que este e o meu primeiro comentario nisto dos blogs pero coido que o tema o require.
    Teño moitas esperanzas nisto do ABALAR, aínda que o meu centro non o sexa, e na xente que espero que mova este proxecto; alomenos hai movemento de asesores: http://dl.dropbox.com/u/2801680/Mesa%2006-05-10/DESENVOLVEMENTO%20PROXECTO%20ABALAR%20Orde%20SIEGA%202010%20P.pdf
    posto que os agora existentes tampouco son para botar bombas, con salvedades evidentemente. Así pois espero que estes novos asesores doten de vida as TIC en Galicia e dederíase facer un seguimento dos mesmos, destes “apostoles” de esperanzas. Alberto tes pensado presentarte?, somos moitos que pensamos ti deberías estar no de contidos, poios a tua plataforma ten maís recursos que o propio portal. Saúdos

    • Alberto Armada Says:

      Grazas, Víctor, pola información e a confianza en min.
      É certo que teño desenvolvido un certo traballo na rede sobre as TIC, sempre dende a ilusión de que o profesorado en xeral, e eu en particular, poidamos chegar a poñer en práctica estas novas oportunidades que nos ofrecen as tecnoloxías para mellorar a nosa docencia en moitos aspectos.
      No momento actual, ignoramos se nos van conceder o proxecto Abalar xa nesta primeira fase e certamente aspiramos a poder dispoñer dos equipamentos e a formación para empezar a traballar coas TIC no vindeiro curso.
      E, polo momento, aí rematan as miñas aspiracións.
      O tempo dirá…
      Saúdos.

  2. César Salgado Says:

    Algúns cartos que se moven arredor das TIC, via Mancomún: “Convocatoria de subvencións para empresas do sector TIC por un importe de 8 millóns de euros”. Enlace: http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/convocatoria-de-subvencions-para-empresas-do-sector-tic-por-un-importe-de-8-millons-de-euros/

  3. Victor1966 Says:

    Boas Alberto, sabes se estan a realizar a formación nos centros educativos sobre o proxecto ABALAR?, e que pasaronme esta foto (leer a presentación).
    http://item.slide.com/r/1/0/i/wcSXImhk6j_ST-iWgYZHLsvm12AS_033/

    Saúdos

    • Alberto Armada Says:

      Pois no meu centro non sabemos nada, nin sequera nos informaron aínda se nolo van conceder ou non…

      Saúdos.

  4. Pancho Vilar Says:

    Ainda que non sairon os centros os que se lle concedeu en Pontevedra, as miñas esperanzas fóronse casi todas o ver que na Coruña (Capital) concedéronllo a un só CEIP público e a 10 concertados.
    Os centros das cidades o temos casi imposible xa que o 20 % que se asigna os centros concertados estan nas capitais co que acaparan casi todas as adxudicacións para esa zona.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: