Algunhas notas sobre a reunión

Na reunión celebrada hoxe para a presentación do Proxecto Abalar na zona de Pontevedra tivemos ocasión de repasar o xa publicado na web da Consellería.

Na quenda de preguntas, á primeira, formulada por min, sobre a previsión de redución de horario lectivo para os coordinadores e as coordinadoras do proxecto en cada centro, que considero imprescindible para o mellor desenvolvemento do mesmo, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema, sinalou que se está a traballar no Regulamento Orgánico de Centros para definir as funcións dos coordinadores e das coordinadoras e a súa correspondente asignación horaria, sendo en todo caso priorizada a xeito de “discriminación positiva” coa finalidade de acadar unha maior garantía de éxito no proxecto.

Salientouse, así mesmo, que os contidos educativos producidos polo profesorado deberán contar co correspondente recoñecemento por parte da administración.

A formación e información para o desenvolvemento do proxecto abranguerá ás familias e ao profesorado. Con respecto ao profesorado, explicóusenos que neste momento está a comezar a formación dos asesores e das asesoras para continuar coa formación dos coordinadores e das coordinadoras a principios de xuño de xeito presencial. Continuará esta formación para a coordinación de xeito virtual e ao longo do vindeiro curso.

A formación do profesorado comezará no mes de setembro, mes no que se ten previsto que os ultraportátiles, os taboleiros dixitais interactivos, o portátil da aula para o profesorado, as conexións wifi, o servidor de centro e os armarios para a recarga dos ultraportátiles estean xa instalados. Esta formación do profesorado tamén constará dunha fase presencial e outra a través de internet ao longo de todo o curso.

Sobre o “espazoABALAR”, un portal propio do proxecto, sinalouse que estará a disposición de toda a comunidade educativa e non só das aulas nas que se implemente o proxecto.

Espazo Abalar

Continuarei informando…

Coma sempre, aconsello a utilización do excelente tradutor da Universidade de Vigo para ler este artigo en español ou portugués.

6 comentarios to “Algunhas notas sobre a reunión”

  1. Pancho Vilar Says:

    Desncanto total en Pontevedra capital. Soamente o CEIP Froebel será dotado con materias, edecir 25 alumnos/as xa que é un centro de liña 1.
    Polo contrario O colexio concertado do Sagrado Corazón dos Praceres será tamén dotado tendo o mismo liña 3 e decir 75 equipos contando con que o mellor tamén danllos para secundaria.
    Ónde está o criterio de 80% para o ensino público e 20% para o concertado?. Gustaríma que alguén calculase esta porcentaxe, non por centros, senon por número de equipos para uns e para outros.

  2. Tati Says:

    Estou totalmente dacordo con Pancho Vilar, paréceme unha auténtica tomadura de pelo. Alégrome moito polo colexio de Cuntis, pero hai moitos centros mais que reunen as condicións, coma o meu. Agora poñen a excusa de que os mestres dos centros privados están mais dispostos á formación. Simplemente non o podo crer!!!. Concretamente esta zona foi unha tomadura de pelo. Así é como se vai a mellorar a calidade do ensino publico? Quixera saber realmente que criterio se segui para tan “selecta” selección.

  3. Alberto Armada Says:

    Como ben sabedes, levo anos pedindo que as TIC cheguen a todos os centros de ensino. Naturalmente, continuarei con esa reclamación tan necesaria ata que o obxectivo dunha educación de calidade na que as TIC deben estar integradas nas aulas sexa unha realidade.
    Nin estou satisfeito co retraso dun curso na implantación de “Escuela 2.0” en Galicia, nin co feito de que non se aceptase a planificación do Ministerio de Educación de dotar a todo o alumnado de 5º de Primaria de Galicia cos ordenadores e demais medios.
    Coido que a situación das TIC nos centros galegos estivo moi abandonada ata o presente en relación con outras comunidades autónomas.
    Agardo que o profesorado e a sociedade galega tomen cada vez máis conciencia destas necesidades e reivindiquen unha calidade educativa coa que poidamos preparar ao noso alumnado para un futuro mellor.

  4. bp Says:

    Súmome ao desencanto total de Pontevedra capital dende Gondomar
    Olla aquí:
    http://centros.edu.xunta.es/ceipchanopineiro/?q=node/1950

  5. Pancho Vilar Says:

    Estimado BP, o noso centro ten tamén todas as condicións requeridas: Conexión e equipos en tódalas aulas, rede Wifi, WEB dinámica (Premiada dúas veces nos antigos premios SIEGA) etc,etc.
    Pero o que máis me doe e que a nosa matrícula seguirá baixando (temos este curso 85 nenos/as en todo o centro) xa que o proxecto Abalar foille concedido o colexio de monxas concertado que temos a 500 metros, e que ten comedor, transporte por onde queiran os pais etc, etc, menrars nos, non nos deixan ampliar a zona de escolarización nin as rutas de transporte levando así a un centro construido fai 7 anos o peche.

  6. Pancho Vilar Says:

    E xa para completar o acoso da Xunta o ensino público, bloquean o acceso dende a rede corporativa da xunta a páxina http://aedacoruna.org/ (Asociación de equipos directivos da Coruña) imaxínome que debido as críticas dirixidas dende a mesma a adxudicación do proxecto Abalar.
    Deberíamos dimitir todolos coordinadore TIC e que se encarguen eles de planes TICs, manteñemento de equipos e asesoramento dos compañeiros/as.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: