Facilitar o acceso a Internet a alumn@s de Primaria e ESO dende os fogares

O Ministerio de Educación asinou un covenio para facilitar a conexión a internet dende os fogares. Está dirixido ao alumnado que se integra no programa “Escuela 2.0”.

Na presentación do proxecto Abalar en Galicia informáronnos de que os ultraportátiles que se asignen ás aulas de 5º de Primaria e 1º de ESO a partir de setembro non poderán, en principio, levarse para os fogares e, polo tanto, o alumnado non poderá dispoñer dos mesmos fóra do centro educativo para continuar e complementar a súa formación. A razón á que se aludiu foi a falta dun convenio que o Ministerio de Educación anunciara no seu día que procuraría para facilitar este acceso a internet.

Pois xa temos o convenio asinado.

Permitirá agora a Consellería de Educación que o alumnado leve os ultraportátiles ás súas casas?

8 comentarios to “Facilitar o acceso a Internet a alumn@s de Primaria e ESO dende os fogares”

  1. Mª Celina Ramos Álvarez Says:

    Ola Alberto, hai tempo que te sigo e admiro o traballo que fás. Son Celina De Ourense e hai dous anos que vou levando, como podo dous blogs do meu cole: Recursos Tic Ceip A Ponte e o Lápis falador. Son titora de Primeiro Ciclo e levo tamén parte do traballo de biblioteca. Para o ano serei titora de 5º e o meu colexio foi seleccionado para o proxecto Abalar, non quixen coller a coordinación porque levo ás costas moitos anos de reunións e cursos.
    O tema que me leva a dirixirme a tí é unha preocupación seria que teño respecto á conexión mediante Wifi dos ordenadores dos nenos. Non entendo como se opta por este sistema tóxico se as aulas están cableadas e o lóxico sería facer as conexións mediante usb.
    Están informados os pais dos alumnos desta decisión? Fóron consultados? Por que se obliga a toda unha comunidade educativa a exporse as radiacións electromagneticas obligatoriamente? Falouse do tema no teu colexio?.
    Deixote este link para a reflexión
    http://www.migueljara.com/2010/04/13/electrosensibles-en-los-colegios/
    Unha aperta.
    Celina

    • Alberto Armada Says:

      Vaia! Non coñecía eses problemas.
      No noso centro non se tratou o tema, e tampouco entendo o que comentas sobre a conexión por usb…

      Saúdos.

  2. Eduardo Says:

    Esperemos… É como, no seu momento, non deixaran levar os libros de préstamo, ou non deixan levar os libros da biblioteca.
    Grazas polos teus artigos. Un saúdo

    • Alberto Armada Says:

      Pois si… eu tamén o espero. Se os ordenadores quedan no centro faltará unha parte substancial da Escola 2.0.

      Saúdos.

  3. carmencita Says:

    Comezará o novo curso,e seguiremos sen ter unha resposta,e si só fose unha…………..¡é unha vergoña!

    • Alberto Armada Says:

      A verdade é que o proxecto non se está a explicar suficientemente nin coa necesaria anticipación. Agardo que as informacións vaian chegando máis axiña e máis completas á comunidade educativa.

      Saúdos.

  4. Mª José Says:

    Hola Alberto
    Creo haber leido en algún lugar sobre dudas que planteaban los centros sobre el Proyecto , que en principio , no permitirán llevar los ultraportátiles a casa .
    Otra cuestión era si habría que prescindir de los libros de texto y la respuesta era ” no necesriamente ” . Si encuentro el documento , haré lo posible por hacértelo llegar.
    Saludos

    • Alberto Armada Says:

      Todo esto está empezando y todavía son muchas las dudas. Ya conozco ese documento, que surgió durante el proceso de selección de centros para la primera fase.

      Gracias y un saludo.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: