Reunión para analizar a posta en marcha do Proxecto Abalar

Hoxe tivo lugar esta reunión, convocada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a só un día do comezo das clases en Educación Infantil e Primaria. Bastantes directores e directoras non puideron asistir por estar presidindo os claustros previos ao comezo do curso.

Puidemos entrar en contacto cos ultraportátiles, o encerado dixital interactivo, o armario de carga e o portátil de aula para o profesorado, dispostos nunha antesala.

Segundo se nos comentou, o retraso anunciado na entrega dos equipamentos non ten que condicionar o normal inicio das clases xa que a metodoloxía do ensino segue a ser a de sempre. Discrepo. As TIC, segundo entendemos xa a maioría d@s docentes, deben axudar a mellorar a metodoloxía nas nosas aulas. Senón, de que serven?

Sobre o calendario de entrega dos equipamentos, soubemos hoxe que non existen datas definidas. Iso si, será escalonada en tres etapas: a primeira nunha aula piloto, a segunda nuns poucos centros piloto e a terceira de xeito xa masivo, pero empezando polos equipamentos de aula e rematando más adiante coa entrega dos ultraportátiles.

Por fin soubemos tamén que os ultraportátiles operarán exclusivamente con Ubuntu 10.04 Notebook. O mesmo ocorre co portátil da aula. Non haberá portátiles nin ultraportátiles para o profesorado, só ese portátil da aula. Noutras comunidades, o profesorado dispón de portátiles. Seica pensaron que eran necesarios…

E xa que os equipamentos chegarán en datas indefinidas, contemos con certas alteracións da actividade académica. Tamén aquí lembramos que se dixera que todo estaría disposto a principio de curso para evitar estas incidencias.

Sobre a formación de coordinadores/as Abalar, haberá tres fases: unha primeira presencial, iniciada en xuño e da que faltan sete xornadas a realizar en outubro, e outras dúas semipresenciais ao longo do curso.

A formación do profesorado realizarase en cada centro mediante obradoiros, correndo a cargo d@s coordinadores/as Abalar co apoio dos centros de formación e recursos correspondentes. Esta formación do profesorado empezará tamén en outubro e será diferente en cada centro, atendendo ás propias necesidades formativas.

Aquí lembramos tamén o que se nos dixera acerca de que a formación do profesorado estaría a cargo da propia Consellería.

Por último, en canto a isto, haberá un programa específico de formación para as familias.

O cargo de coordinador/a Abalar non é o mesmo que o de coordinador/a TIC. Quen estamos a cargo de Abalar debemos centrarnos en Abalar. E o resto do centro, quen o atende?

Non existe ningunha asignación horaria establecida pola Consellería en forma de redución de horario lectivo para o desempeño das funcións d@s coordinadores/as Abalar, máis aló do que lles sexa asignado polas direccións dos centros. Discrepo. E lembro que no País Vasco houbo doce ou trece horas semanais para as coordinacións TIC nos dous cursos anteriores. Aquí, supoñemos que a maioría contaremos con dúas horas semanais, o cal deberá ser suficiente para todo o que nos agarda.

En realidade, a idea que se nos transmitiu é a de que será o voluntarismo do profesorado o que poderá levar adiante este proxecto.

Sen embargo, informóusenos de que @s inspectores/as tiveron unha reunión o pasado día dous, na que se lles indicou que atendesen as demandas d@s directores/as no referente a necesidades de persoal para poder proporcionar aos coordinadores e coordinadoras un horario suficiente. Ningún dos asistentes á reunión deu conta de que esta información fose trasladada desde as inspeccións ás direccións dos centros, pero tod@s @s que falaron informaron do contrario.

E ata aquí chegamos a día de hoxe.

Para traducir a español ou portugués.

7 comentarios to “Reunión para analizar a posta en marcha do Proxecto Abalar”

  1. Tweets that mention Reunión para analizar a posta en marcha do Proxecto Abalar « ticblog -- Topsy.com Says:

    […] This post was mentioned on Twitter by mario aller, alber_to. alber_to said: Reunión para analizar a posta en marcha do Proxecto Abalar « ticblog: http://bit.ly/b5aqkE via @addthis […]

  2. carmencita Says:

    Mellor non digo nada,a verdade é que non sei como a consellería ten a cara de facer unha reunión para non aclarar absolutamente nada,seguimos como en xunio.O curso comeza mañá e seguimos sen saber cando”CHEGARÁN”? os ordenadores ós nenos,que eu como nai quero sabelo.En fin, vexo que temos un conselleiro na educación en Galicia, que non fai nada por mellorar as cousas,e seguimos atrasados,en relación coas outras comunidades,como sempre.¡QUE PENA!

  3. Mª José Says:

    Se veía venir

    Saúdos

  4. Heladio Says:

    Que ganas dan de comezar o curso con enerxía. A verdade é que todo isto máis que pena, provoca risas. Síntoo por todos os que, como Alberto, poñen o seu tempo e o seu entusiasmo na introdución nas aulas de algo tan impredincindible como as TIC. Saúdos

  5. sesoduran Says:

    Marabilloso todo.
    Así están as cousas. Semella que, como sociedade, non estamos para moito máis que para innovar en cinismo e para a excelencia en mediocridade.
    Parabéns Alberto polo teu traballo.
    Unha aperta.

  6. Manuel Says:

    “O cargo de coordinador/a Abalar non é o mesmo que o de coordinador/a TIC. ”
    En xuño dixeron TODO O CONTRARIO. O coordinador TIC tiña que ser, obrigatoriamente, o coordinador Abalar. Esa condición orixinou graves problemas organizativos no noso centro. Xogan con nós.

  7. Alberto Armada Says:

    Grazas a tod@s polos vosos comentarios.

    Con respecto ao de Manuel, supoño que se dixeron cousas diferentes en segundo que contextos e por parte de quen… No meu caso, quedoume ben claro na reunión informativa de finais de maio en Pontevedra que @s coordinadores/as Abalar debían centrarse neste proxecto. Polo tanto, a coordinación das TIC no centro quedaría nas mans de quen a dirección de cada centro dispuxese.

    Saúdos.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: