Equipamentos Abalar

Estamos nunha fase de distribución e instalación dos equipamentos do proxecto Abalar. A semana pasada recibimos os encerados dixitais cos seus proxectores, os portátiles de aula, os ultraportátiles do alumnado e os armarios de carga. Esta semana empezaron a instalar todo o mencionado.

Cómpre ter en conta que tanto os portátiles coma os ultraportátiles veñen cunhas imaxes (SO Ubuntu) de fábrica que non son as definitivas. Daquela, non debemos usar o portátil da aula (que é posible conectar a internet cunha IP propia da rede Siega do centro engadindo “nova rede”) porque nos dará moitos erros. A restauración das imaxes por parte da consellería está prevista para dentro dun tempo indeterminado e ata entón non van funcionar ben. Para que isto ocorra precísase dispoñer do servidor de centro coas novas imaxes (aquí é onde parece que hai algún retraso por mor dalgún problema técnico) e a wifi Abalar.

O meu consello é que utilicemos o PC ou portátil que tiñamos na aula conectado co novo EDI (vén con discos de instalación do software) e que sigamos a traballar sen máis problema. Na miña aula continuamos xa coas clases normais.

Abalar 5ºA

 

Publicado en Abalar. Etiquetas: . 3 Comments »

3 comentarios to “Equipamentos Abalar”

  1. Tweets that mention Equipamentos Abalar « ticblog -- Topsy.com Says:

    […] This post was mentioned on Twitter by dogewerc, alber_to. alber_to said: Equipamentos Abalar: http://t.co/eeI3xvq […]

  2. david Says:

    ola
    grazas polas ideas e a información

    poderiasme ilustrar sobre o funcionamento dos servidroes de cada centro, se é posible desde eles o traballo en rede, ou construír unha rede social, ou conectarse con outros servidores doutros centros, e que tipo de recursos e programas está previsto que alberguen…?????

    disculpa a ignorancia que sustenta estas preguntas

    • Alberto Armada Says:

      Saberemos máis sobre os servidores cando os instalen. Polo momento o que se sabe é que serán de características inferiores ao que estaba previsto no plan e que poderán utilizarse como repositorio de contidos educativos na intranet do centro e para clonar as imaxes dos portátiles. Outras funcionalidades están pensadas, por exemplo a implementación da web dinámica, moodle, etc. tamén na intranet.
      Falaremos de todo cando vaia xurdindo…

      Saúdos.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: